miniatura|320px|Cadmo e o dragón; detalle dunha crátera do Museo do Louvre. Os dragóns (δράκων, drákōn do verbo δέρκομαι (dérkomai : ver, ollar ou fitar) son unhas criaturas das antigas mitoloxías grega e latina con aparencia de cobras. A diferenza dos dragóns medievais, estes non poden ser asimilados,Christian Rico (sous la direction de)Mythes et savoirs dans les textes grecs et latins; Revue Pallas, numéro 78; Presses Universitaires Mirail-Toulouse; février 2009 non teñen patas, nin ás e tampouco son quen de botar lume. Nos mitos, estas criaturas monstruosas adoitan ser consagradas polos deuses como gardiáns de tesouros e lugares sagrados. O termo drákōn dos textos gregos refírese ó mesmo tempo á cobra xigante e ó gardián. Este dobre senso salienta o papel de vixilancia atribuído a estas criaturas míticas.<ref>François Joseph Michel Noël, Dictionnaire de la fable: ou mythologie Grecque, Latine, Egyptienne…''', Paris, 1801, 343.</ref>
É preciso diferenciar ben os drákontes da mitoloxía grecolatina dos dragón do imaxinario popular actual. Os textos antigos describen ós dragóns como cobras de gran tamaño que posúen un atributo fabuloso e característico que os diferencia, como un sopro envelenado ou un gran número de testas. Estas criaturas tamén poden ser citadas nos textos antigos polo nome d'ὄφις (óphis): cobra en grego. Deste xeito, na Teogonía de Hesíodo, Ladón é chamado pola perífrase δεινὸν ὄφιν, cobra terrible ''vers 334.
Notas
Categoría:Criaturas da mitoloxía grega Categoría:Dragóns