A EDAR de Cabo Prioriño é unha estación depuradora de augas residuais situada en Ferrol, preto do porto exterior e na entrada da ría de Ferrol. É empregada para o tratamento das augas de Ferrol, Narón e Neda.

Descrición A planta foi construída nun desmonte da outra banda do porto exterior de Ferrol. As augas residuais da banda dereita da ría de Ferrol chegan a ela dende unha estación de bombeo na Graña por un túnel de máis de 7 km. As augas tratadas vértense ao océano por un emisario submarino.

A obra custou 36 859 331,76 euros pagados nun 85 % pola Unión Europea e o outro 15 % por Augas de Galicia

En agosto de 2015 o concello de Ferrol fixo público que a EDAR despois dun ano da inauguración non era quen de tratar as augas residuais vertendo ao océano sen completar o tratamentoLa empresa de aguas de Ferrol, ligada a ACS, admite haber cobrado por una depuración inexistente eldiario.es.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas DEPURACIÓN Y VERTIDO DE FERROL. - ETS de Ingenieros

Categoría:Ferrol Cabo Prioriño