José María Fenollera Ibáñez, nado en Valencia o 10 de decembro de 1851 e finado en Santiago de Compostela o 6 de decembro de 1918, foi un pintor español, coñecido especialmente polos seus retratos.

Traxectoria dereita|miniatura|200px|Retrato de Rosalía de Castro.

Estudou na Escola de Belas Artes de San Carlos da súa cidade natal. Entre 1872 e 1877 estudou en Roma cunha bolsa da Deputación de Valencia canda a outros pintores como Sorolla ou Pinazo. Tras pasar por París para aprender a técnica do fotogravado, instalouse en Madrid, onde realizou cartóns para a Real Fábrica de Tapices e contribuíu á decoración do extinto Café de Fornos. En 1887 trasladouse a Santiago de Compostela, onde fixou a súa residencia e exerceu como catedrático na Escola de Belas Artes e mantivo unha estreita relación co movemento rexionalista.

Desta época destaca a súa actividade como retratista, pintando a personaxes tan célebres como Alfredo Brañas, Rosalía de Castro, Montero Ríos, José Carvajal Hué ou o cardeal Payá, e os sucesivos presidentes da Sociedade Económica de Amigos do País compostelá. Amais, pintou os frescos do paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela cos bosquexos de Urbano González Varela. Acadou a medalla de ouro, con diploma de honor, na Exposición Rexional de 1909.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada

Un siglo de pintura y escultura valencianas al través de los pensionados de la Excma. Diputación Provincial de Valencia. Valencia, 1946.

Categoría:Pintores da Comunidade Valenciana Categoría:Nados en 1851 Categoría:Finados en 1918 Categoría:Nados en Valencia Categoría:Pintores retratistas Categoría:Pintores de Galicia coa obra no dominio público