Acción foi unha revista editada en Pontevedra de 1928 a 1930.
Historia e características Subtitulada Órgano de la Juventud Católica, apareceu o 15 de abril de 1928. Con periodicidade quincenal, foi fundada por Xosé Sesto e dirixida por José Muíños González. De carácter relixioso, publicou artigos en galego de Antón Losada Diéguez, Antonio Rey Soto, Xoán Bautista Andrade, Jacobo Rey Porto, Xerardo Álvarez Limeses, Manuel Casado Nieto e Herminia Fariña; e tamén poemas de Xosé Manuel Cabada, Casimiro Cubela, M. García García e Xosé Sesto. Tivo inicialmente unha sección crítica titulada "Picotazos", que desapareceu axiña. Cesou a súa publicación o 31 de maio de 1930.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos La Acción (Pontevedra)
Categoría:Prensa escrita de Pontevedra
Categoría:1928 en Galicia