thumb|Martirio de San Ignacio de Antioquía IgnacioNome propio en galego segundo o Dicionario de Pronuncia da Lingua Galega da USC - http://ilg.usc.es/pronuncia/?pq=&q=Ignacio&l=1&propios=on&c%5B%5D=1&c%5B%5D=2&c%5B%5D=3 (pronuncia: iɡˈnaθjo̝, iˈnaθjo̝ ou iˈnasjo̝) é un nome propio masculino galego e castelán. Existen varias hipóteses sobre a súa orixe etimolóxica, existindo concordancia en que era un nome existente xa no século I en Antioquía. En galego non se adoita pronunciar o g, respectado por etimoloxía, por este mesmo motivo en portugués adóitase grafar de Inácio. Con todo, non foi un nome común en Galiza; de feito ningunha parroquia ten a Santo Ignacio coma padroeiro. En galego ten o hipocorístico Nacho.
En xaneiro de 2023 existían 3.182 varóns en Galicia co nome Ignacio, cunha media de idade de 44,3 anos,Nome Ignacio na Web do Instituto Galego de Estatística e 68 co nome Nacho, cunha media de idade de 10,6 anos.Nome Nacho na Web do Instituto Galego de Estatística
Etimoloxía Aínda que non existe claridade respecto da súa etimoloxía, a primeira persoa documentada que usou este nome no século I, foi Ignacio de Antioquía discípulo dos apóstolos Xoán, Pedro e Paulo, polo que se propuxo que a súa orixe sería grega ou canda menos de raíz indoeuropea.
Unha liña etimolóxica sostén que a súa orixe deriva do latín Ignatius, e este da raíz ignis (lume), polo que significaría fogoso ou afervoado. Ignacio < Ignatius < ignis (‘lume’ en latín) < *egni (protoindoeuropeo ou PIE). Compárese o PIE egni co termo sánscrito agni (‘lume, lume cerimonial’), ogni (eslavo antigo, do século IX), e ugnis (‘lume’ en lituano). A segunda parte do nome viría do latín natus (nacer) polo que Ignatius viría a significar nado do lume.
Outra etimoloxía dá conta de: Ignacio < Ignatius (latín) < Ignêtes (en grego) ‘innato’ (A. D., H.), tamén ‘nome dos habitantes orixinarios da antiga Rhodas’ (Simmias 11, H.).
Sabino Arana na súa obra póstuma Deun Ixendegi Euzkotarra (Santoral onomástico éuscaro) propón que Ignacio é unha forma castelanizada de Iñaki. Por mor do cambio de nome que adoptou Ignacio de Loiola cuxo nome previo era Íñigo adóitase confundir Iñaki como a versión de Íñigo.
O nome en Galiza Ningunha parroquia galega ten a Santo Ignacio coma padroeiro. É ademais un nome pouco frecuente comparado con outras rexións de España. Abunda na metade norte da península coa excepción de Galiza e Cataluña.
Variantes Feminino: Ignacia. Diminutivo (do español): Nacho.
Variantes noutras linguas Alemán Ignatius, Ignaz Aragonés Inacio, IgnacioEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Armenio Իգնատիոս (Ignatios) Asturiano Inaciu Azerí İqnati Bosníaco Ignacije Bretón Ignas Búlgaro Игнатий (Ignatij) Castelán Ignacio Catalán Ignasi Checo Ignác Corso Gnaziu Croata Ignacije Dinamarqués Ignatius Eslovaco Ignác Esloveno Ignacij Esperanto Ignaco Éuscaro Iñaki Finés Ignatius Francés Ignace Galego Ignacio, Inacio Grego Ιγνάτιος (Ignátios) Holandés Ignatius, Ignaas Húngaro Ignác Inglés Ignatius Irlandés Iognáid Islandés Ignatíus Italiano Ignazio Latín Ignatius Letón Ignācijs Lituano Ignacijus, Ignotas, Ignas Noruegués Ignatius Piamontés Ignassi Polonés Ignacy Portugués Inácio Romanés Ignațiu Ruso Игнатий (Ignatij) Sardo Ignàziu Serbio Игнатије (Ignatije) Siciliano Gnazziu Sueco Ignatius Ucraíno Ігнатій (Ignatij) Xeorxiano იგნატი (Ignati)
Santoral Hai diversas entradas no santoral para Santo Ignacio:
Ignacio de Loiola (31 de xullo) Ignacio de Antioquía (17 de outubro) Ignacio de Láconi (11 de maio) Ignacio Delgado (12 de xull) Inácio de Azevedo (15 de xullo) Ignacio de Constantinopla (23 de outubro)
Personaxes célebres Galegos Xoán Ignacio de Armada Mondragón e Caamaño, pazo de Ortigueira , Santa Cruz de Ribadulla, 1757 , foi un marqués galego. Ignacio Cabezón, Ferrol, 1954, médico e político galego. Ignacio Castro, Santiago de Compostela, 1952 , é un filósofo, escritor e crítico de arte galego. Ignacio Chao, Pontedeume, 1968, poeta, xornalista e editor galego. Ignacio Codesido Barreiro, Touro, 1956, é un político galego do PPdeG. Ignacio Seoane, Ribadavia, 1900, foi un sindicalista e político galego. Xosé Ignacio Fernández Palacios, Foz, 1967, foi un futbolista galego. Ignacio Fernández Toxo, Ferrol, 1952, Secretario xeral do sindicato Comisións Obreiras (CCOO). Ignacio González Montes, Pobra do Caramiñal, foi un futbolista galego. Ignacio Herrero Fuentes, Pedrafita do Cebreiro, 1909, foi un mestre e político galego. Ignacio Iglesias Villanueva, A Coruña, 1975, árbitro de fútbol. Ignacio López-Chaves, Vigo, 1964, avogado e político galego. Ignacio Martín-Esperanza, Verín, 1936, foi un futbolista e adestrador galego. Ignacio Martín Amaro, Alacant, 1944, político galego do PPdeG. Xoán Ignacio Otero Couceiro, A Coruña, 1929 , foi un futbolista galego. Ignacio Pardo, Lugo, 1947 , é un videoartista galego. Xosé Ignacio Peleteiro Ramallo (Jota), A Pobra do Caramiñal, 1991 , é un futbolista galego. Xosé Ignacio Portos Vázquez, Cardeiro (Boimorto), 1964, político galego do PSdeG-PSOE. Ignacio Quirós, Vigo, 1931, foi un actor de cine galego-arxentino. Ignacio Ramonet, Redondela, 1943 , xornalista galego. Xosé Ignacio Silva Regueiro, Carballo, 1978, escritor galego. Xoán Ignacio Taibo, Madrid, 1949, escritor e sociólogo galego. Ignacio Vidal Portabales, Santiago de Compostela, 1958, profesor e escritor galego. Ignacio Vidales Tomé, Ponteareas, 1896, foi un xornalista, debuxante e caricaturista galego. Ignacio Vieitez Tapia, Sela (Arbo), 1817, foi un político galego. Ignacio Vilar, Petín, 1951, director galego de cinema.
Outras personalidades Ignacio de Loiola (santo), Azpeitia, 1491, foi un relixioso vasco. Ignacio Agustí, Lliçà de Vall (Cataluña), 1913, foi un escritor e xornalista catalán; Ignacio Aldecoa, escritor éuscaro; Ignacio Allende, 1769, foi un militar mexicano; Ignacio Bolívar y Urrutia, Madrid, 1850, biólogo e naturalista español; Ignacio Bosque, Albacete, 1951 , é un lingüista español; Jaime Ignacio del Burgo Tajadura, político español; Nacho Cano, músico español, un dos compoñentes de Mecano; Ignacio Carrera Pinto, heroe chileno da batalla da Concepción (Guerra do Pacífico); Juan Ignacio Chela, tenista arxentino; Ignacio Copani, músico arxentino; Ignacio Coronel Villarreal, narcotraficante mexicano. Ignacio Diego, Castro Urdiales , Cantabria , 1960, político do PP e enxeñeiro español, presidente de Cantabria desde xuño de 2011; Nacho Duato, bailarín español contemporáneo; Ignacio Eizaguirre, Donostia, 1920, foi un futbolista e adestrador de fútbol vasco; Ignacio Ellacuría, Portugalete, Biscaia , 1930, foi un filósofo e teólogo vasco-salvadoreño. Joaquín Ignacio Figueroa Mendieta, Llerena (Badaxoz), 1808, foi un político español. Ignacio Fontes, xornalista e escritor español; Ignacio Gárate, Durango (Biscaia), 1929, foi un futbolista vasco; Ignacio García López, Madrid, 1925, político español. Iñaki Gabilondo, xornalista éuscaro; Ignacio González González, político español militante do Partido Popular; Ignacio Gutiérrez Müller, Rosario (Arxentina), 1986, xogador de rugby arxentino; Ignacio Insa, Concentaina (Alacant), 1986, é un futbolista español; Ignacio Irusquieta, Iturrigorri (Biscaia), 1933, foi un futbolista vasco; José Ignacio Lapido, Granada, 1962, guitarrista español; José Ignacio de Latorre Belsúe, Alfaro (A Rioxa), 1922, foi un futbolista español; Juan Ignacio Martínez Jiménez, Alacant, 1964, adestrador de fútbol español; Ignacio Milam Tang, político ecuatoguineano; Juan Ignacio Molina, botánico chileno; Nacho Ordín, Monzón (Huesca), 1978 , xogador de baloncesto español; Ignacio Polanco, Madrid, 1954, empresario español do sector das comunicacións; Ignacio Ramonet, xornalista español e director de Le Monde Diplomatique; José Ignacio Sáenz Marín, Logroño, 1973, exfutbolista español. Ignacio Scocco, futbolista arxentino; Nacho Vidal, actor de cine pornográfico español; Manuel Ignacio de Vivanco, Valparaíso (Perú), 1806, foi un militar e político peruano. Ignacio Zaragoza, militar mexicano que loitou contra as tropas francesas da Batalla de Puebla; Juan Ignacio Zoido, Montellano, Sevilla, 1957, político español do Partido Popular; José Ignacio Zubeldia Zaldúa, Donostia, 1925, foi un futbolista vasco. Ignacio Zuloaga, pintor español; Cneo Egnatio, procónsul de Macedonia;
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega
Categoría:Nomes masculinos de orixe latina Categoría:Nomes masculinos galegos Categoría:Nomes masculinos casteláns