Imre József Pressburger, nado en Miskolc o 5 de decembro de 1902 e finado en Saxtead (Suffolk) o 5 de febreiro de 1988 foi un director de cinema, produtor e guionista británico coñecido como Emeric Pressburger. É coñecido especialmente polos filmes codirixidos con Michael Powell. Os seus netos son o produtor Andrew Macdonald e o director e documentalista Kevin Macdonald.

Traxectoria Nado en Hungría de orixe xudía, estudou en Temesvár, onde demostrou capacidades para as matemáticas, estudando Matemáticas e Enxeñería nas universidades de Praga e Stuttgart antes de ter que abandonar os seus estudos pola morte do seu pai.

Comezou a traballar como xornalista en Hungría e Alemaña, converténdose logo en guionista a finais da década de 1920, escribindo para a UFA. A chegada dos nazis ao poder obrigouno a marchar a París e logo a Londres, onde chegou en 1935 sen pasaporte. Alí uniuse á comunidade de cineastas húngaros, liderados por Alexander Korda que lle deron traballo como guionista. Foi nese momento cando coñeceu a Michael Powell.

Filmografía Contraband (1940) 49th Parallel (1941) One of Our Aircraft Is Missing (1942) The Life and Death of Colonel Blimp (1943) The Volunteer (1943) A Canterbury Tale (1944) I Know Where I'm Going! (1945) A Matter of Life and Death (1946) Black Narcissus (1947) The Red Shoes (1948) The Small Back Room (1949) The Elusive Pimpernel (1950) Gone to Earth (1950) The Tales of Hoffmann (1951) Twice Upon a Time (1953), único filme dirixido en solitario por Pressburger Oh... Rosalinda!! (1955) The Battle of the River Plate (1956) Ill Met by Moonlight (1957) They're a Weird Mob (1966) The Boy Who Turned Yellow (1972)

Véxase tamén Bibliografía Christie, Ian. Arrows of Desire: The Films of Michael Powell and Emeric Pressburger. Londres: Waterstone, 1994. ISBN 0-571-16271-1. ISBN 0-947752-13-7. Christie, Ian. Powell, Pressburger and Others. Londres: British Film Institute, 1978. ISBN 0-85170-086-1. Esteve, Llorenç. Michael Powell y Emeric Pressburger. Río de Janeiro, Brasil: Cátedra, 2002. ISBN 978-84-376-1950-7. Macdonald, Kevin. Emeric Pressburger: The Life and Death of a Screenwriter. Londres: Faber & Faber, 1994. ISBN 0-571-16853-1 Moor, Andrew. Powell and Pressburger: A Cinema of Magic Spaces. Londres: I.B. Tauris, 2005. ISBN 1-85043-947-8. Powell, Michael. A Life in Movies (Autobiografía). Londres: Heinemann, 1993. ISBN 0-571-20431-7; First edition 1986. ISBN 0-434-59945-X. Powell, Michael. Million Dollar Movie. Londres: Heinemann, 1992. ISBN 0-434-59947-6. ISBN 0-7493-0463-4 (pbk). Thiéry, Natacha. Photogénie du désir: Michael Powell et Emeric Pressburger 1945–1950. Rennes, France: Presse Universitaires de Rennes, 2009. ISBN 2-7535-0964-6.

Ligazóns externas Páxina sobre Powell & Pressburger

Biografía

Categoría:Directores de cinema do Reino Unido Categoría:Directores de cinema de Hungría Categoría:Nados no condado de Borsod-Abaúj-Zemplén Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1988