Xacobe é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o hebreo יַעֲקֹב Ya'aqôbh, que no libro da Xénese é o nome do fillo de Isaac e Rebeca. En galego tamén ten as variantes Xacob, Xácome, Xaime, Santiago e Iago.
En xaneiro de 2023 existían 230 varóns en Galicia co nome Xacobe, cunha media de idade de 20 anosNome Xacobe na Web do Instituto Galego de Estatística e 6 co nome Xacob, cunha media de idade de 23,3 anos.Nome Xacob na Web do Instituto Galego de Estatística
Orixe do nome Xacobe é a forma máis achegada ao orixinal hebraico, cuxa pronunciación é Iaakov, pasou ao latín como Iacobus e de aquí á forma galega. A Biblia di que Xacob tiña a súa man no talón de Esaú. A palabra hebraica para "talón" é akev, e para "man" é yad, representada pola letra hebraica "y", que se pronuncia iod e que significa "man". É dicir, que o nome Xacobe significa simplemente "man no talón".
De feito o seu nome hebraico ya'akov deriva dunha raíz hebraica que significa "protexer", polo que o nome tamén significaría "que Deus protexa" ou "Deus protexeu".
Xacobe noutras linguas Aragonés: ChacoboEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Asturiano: Xacobo Castelán: Jacobo Italiano: Jàcobo / Iàcopo / Giacòbbe Portugués: Jacobo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega
Categoría:Nomes masculinos de orixe hebrea Categoría:Nomes masculinos galegos