Douglas Elton Thomas Ullman, nado en Denver (Colorado) o 23 de maio de 1883 e finado en Santa Monica (California) o 12 de decembro de 1939 foi un actor, director e produtor estadounidense, coñecido como Douglas Fairbanks.

Traxectoria Fairbanks comezou a actuar de neno en teatros afeccionados de Denver. Na década de 1900 mudouse a Nova York para iniciar a súa carreira como profesional, uníndose á compañía de Frederick Warde. Debutou en Broadway en 1902.

Tras marchar aos Ánxeles asinou un contrato con Triangle Pictures en 1915, traballando con David Wark Griffith. No seu primeiro filme, The Lamb, demostrou as súas capacidades atléticas, chamando a atención do público.

En 1916 coñeceu a actriz Mary Pickford, comezando unha relación. Os dous, xunto con D.W. Griffith e Charles Chaplin fundaron en 1919 a United Artists, para ter o control artístico total dos seus filmes.

En 1920, cando xa era o actor máis popular de Hollywood casou con Mary Pickford, tralo rápido divorcio desta. Convertéronse na primeira parella famosa de Hollywood, vivindo nunha mansión chamada Pickfair. Neses anos comezou a revitalizar o xénero dos filmes de aventuras.

En 1927 Fairbanks e Pickford foron os primeiros en deixar as súas pegadas no cemento fronte o Grauman's Chinese Theatre. Ademais, Fairbanks converteuse no primeiro presidente da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas e o primeiro presentador dos premios Oscar.

Perdeu o entusiasmo coas limitacións que trouxo o cinema sonoro e despois de 1934 retirouse da interpretación. Mantívose relacionado marxinalmente coa industria do cinema ata que a súa saúde comezou a decaer.

Filmografía AnoTítuloAcreditado como RoleProdutorGuionistaDirector1915The LambGerald Martyrs of the AlamoBit part Double Trouble Florian Amidon / Eugene Brassfield 1916His Picture in the PapersPete Prindle The Habit of HappinessSunny Wiggins The Good Bad ManPassin' Through Reggie Mixes InReggie Van Deuzen The Mystery of the Leaping FishCoke Ennyday / El mesmo Flirting With FateAugy Holliday The Half-BreedLo Dorman IntoleranceHome no cabalo branco Manhattan MadnessSteve O'Dare American AristocracyCassius Lee The MatrimaniacJimmie Conroy The AmericanoBlaze Derringer 1917All-Star Production of PatrioticEpisodes for the Second Liberty LoanEl mesmo In Again, Out AgainTeddy Rutherford Wild and WoollyJeff Hillington Down to EarthBilly Gaynor The Man from Painted Post"Fancy Jim" Sherwood Reaching for the MoonAlexis Caesar Napoleon Brown A Modern MusketeerNed Thacker 1918Headin' SouthHeadin' South Mr. Fix-ItDick Remington Say! Young FellowThe Young Fellow Bound in MoroccoGeorge Travelwell He Comes Up SmilingJerry Martin Sic 'Em, SamDemocracia ArizonaTte. Denton 1919The Knickerbocker BuckarooTeddy Drake His Majesty, the AmericanWilliam Brooks When the Clouds Roll byDaniel Boone Brown 1920The MollycoddleRichard Marshall III, IV e V The Mark of ZorroDon Diego Vega / Señor Zorro 1921The NutCharlie Jackson The Three MusketeersD'Artagnan 1922Robin HoodRobin Hood 1923HollywoodEl mesmo 1924The Thief of BagdadO ladrón de Bagdad 1925Don Q, Son of ZorroDon Cesar Vega / Zorro Ben-HurExtra na multitude 1926The Black PirateThe Black Pirate 1927A Kiss From Mary PickfordEl mesmo The GauchoThe Gaucho 1928Show PeopleEl mesmo 1929The Iron MaskD'Artagnan The Taming of the ShrewPetruchio 1930Reaching for the MoonLarry Day 1931Around the World in 80 Minutes with Douglas FairbanksEl mesmo 1932Mr. Robinson CrusoeSteve Drexel 1934The Private Life of Don JuanDon Juan

Véxase tamén

Ligazóns externas

The Douglas Fairbanks Museum

Categoría:Actores de Colorado Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Denver, Colorado Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1939 Categoría:Óscar honorífico