A Telva é un lugar da parroquia de Sigrás no concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 94 habitantes (43 homes e 51 mulleres). Sitúase xunto á Telva (Almeiras, Culleredo), do outro lado do río Valiñas.

Servizos

Neste lugar, na xuntanza do río Mero co río Valiñas, está situada a estación de tratamento de auga potable da Telva, dependente de EMALCSA. A estación inaugurouse en 1941 e recolle, filtra e depura a maior parte da auga de consumo dunha parte da comarca da Coruña.

Lugares e parroquias

Lugares de Sigrás

Parroquias de Cambre

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cambre

Categoría:Lugares de Cambre Categoría:Lugares divididos entre dous concellos