O Estádio Governador Plácido Castelo, máis coñecido como Castelão, é un estadio de fútbol e recinto multiuso brasileiro situado na cidade de Fortaleza, no Estado do Ceará. Inaugurado en 1973, o estadio foi reformado en 2002 e totalmente remodelado en 2012 con motivo da Copa do Mundo FIFA de 2014, onde o Castelão albergará seis partidos, entre eles dous da selección brasileira.
Na última remodelación, a súa capacidade foi modificada para acoller públicos de até 67.037 espectadores, sendo considerado o vixésimo sétimo estadio maior do mundo e o quinto maior do Brasil. Antes do mundial o estadio foi escenario de grandes eventos deportivos, culturais ou mesmo relixiosos, como partidos da selección brasileira ou a recepción ao Papa Xoán Paulo II en 1980 na súa visitia a Fortaleza. En 2013 foi ademais unha das sedes da Copa das confederacións e en 2016 será un dos centros de adestramento para as Olimpíadas do Río de Xaneiro.
Notas
Categoría:Estadios de fútbol do Brasil Categoría:Estadios do Mundial de Fútbol de 2014