Ángel Castiñeira Fernández, ou escrito en catalá Àngel Castiñeira i Fernández, nado en Muros en 1958, é un sociólogo galego.

Traxectoria thumb|280px|Consello Asesor para a Transición Nacional tras a súa constitución (abril de 2013) Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de BarcelonaCurrículo na web da ESADE, especializouse en filosofía social e política, así como en pensamento xeopolítico, ética aplicada e valores, mudanzas do contorno social e cultural, e liderado e gobernanza democrática.

En 1993 acadou a praza de profesor titular do departamento de Ciencias Sociais de ESADE-Universidade Ramon Llull, do que chegou a ser director a partir de 2005. Tamén foi profesor de Filosofía Contemporánea na Universidade Raimon Llull a mediados da década dos noventa.

Ademais do seu labor académico foi director da colección 'Temes Contemporanis' da editorial Proa (1994-2004) e da revista IDEES, Revista de Temes Contemporanis (1999-2004). Tamén neses anos foi director do Centre d'Estudis de Temes Contemporanis, dependente da Generalitat de Cataluña (1998-2004).

En 2013 escollérono para formar parte do Consello Asesor para a Transición Nacional, unha entidade consultora para o proceso de independencia de Cataluña.

Publicacións

Notas

Categoría:Sociólogos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua catalá Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Nados en Muros Categoría:Nados en 1958 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Profesores da Universidade Ramon Llull