Walter Thomas Huston, nado en Toronto o 5 de abril de 1883 e finado en Hollywood, California o 7 de abril de 1950 foi un actor canadense. Foi o pai do director John Huston e avó de Anjelica Huston e Danny Huston.

Traxectoria Fillo de granxeiros, debutou no teatro en 1902, pero seguiu traballando en centrais eléctricas xa nos Estados Unidos ata 1909, cando comezou a aparecer en vodevís.

Iniciou a súa carreira en Broadway en 1924 e coa chegada do cinema sonoro pasou a actuar en filmes de Hollywood.

En 1948 participou en The Treasure of the Sierra Madre, dirixida polo seu fillo John. Por este filme Walter gañou o Oscar ao mellor actor secundario e John o Oscar ao mellor director.

O seu último filme foi The Furies, con Barbara Stanwyck, en 1950.

Filmografía Ano Título1929Gentlemen of the Press The Lady Lies The Virginian 1930The Virtuous Sin The Bad Man Abraham Lincoln 1931The Criminal Code A House Divided The Star WitnessThe Ruling Voice1932The Beast of the City Night Court American Madness Chuvia Kongo The Woman from Monte CarloLaw and OrderThe Wet Parade1933Gabriel Over the White House Ann Vickers Hell BelowStorm at DaybreakThe Prizefighter and the Lady1934Keep 'Em Rolling1935Trans-Atlantic Tunnel1936Dodsworth Rhodes of Africa 1938Of Human Hearts1939The Light That Failed 1941The Devil and Daniel Webster Swamp Water The Maltese Falcon The Shanghai Gesture1942Yankee Doodle Dandy Always in My Hear 1943The Outlaw Edge of Darkness Mission to Moscow The North StarDecember 7th1944Dragon Seed1945And Then There Were None 1946Dragonwyck Duel in the Sun 1948The Treasure of the Sierra Madre Summer Holiday1949The Great Sinner1950The Furies

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Actores do Canadá Categoría:Nados en Toronto Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1950