José María Eustaquio Carracido, nado en Santiago de Compostela en 1801 e finado en 1847, foi un sacerdote, xornalista e escritor galego.

Traxectoria Presbítero, humanista e orador sagrado; renunciou a cargos no cabido de Santiago, sendo párroco dunha pequena vila. Coñecedor dos sistemas filosóficos do seu tempo, defendeu as bases inamovibles do dogma católico e o prestixio da Igrexa. Foi socio constituínte da Academia Literaria de Santiago e colaborou en La Aurora de Galicia (1845).

Obras El sensualismo : considerado en sus relaciones ideológicas, morales y políticas, 1842. Observaciones sobre el drama titulado Ferrán Pérez Churruchao y el Arzobispo D. Suero, 1842. Observaciones sobre la doctrina de Macarel, relativa a la libertad de cultos, 1843.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría: Escritores de Galicia Categoría: Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría: Nados en 1801 Categoría: Finados en 1847 Categoría: Sacerdotes católicos de Galicia Categoría: Nados en Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos