Pharrel Williams, nado o 5 de abril de 1973, tamén coñecido simplemente como Pharrell, é un cantautor, rapeiro, produtor, músico e deseñador de roupa estadounidense. Williams e Chad Hugo fundaron a produtora The Neptunes, producindo música soul, hip hop e R&B. Tamén é o líder vocalista e batería da banda N.E.R.D, que formou con Hugo e o seu amigo da infancia Shay Haley. Lanzou o seu primeiro sinxelo "Frontin'" en 2003 e a continuación seguiuno o seu primeiro álbum en solitario In My Mind no 2006. O seu segundo álbum, G I R L foi estreado o 3 de marzo de 2014.

Como parte de The Neptunes, Williams produciu numerosos éxitos de diversos artistas. Williams gañou sete Premios Grammy, incluíndo dous con The Neptunes.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina Oficial

Categoría:Artistas de Interscope Records Categoría:Artistas de Columbia Records Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados en Virxinia