Fene Solidario foi un periódico editado en Fene entre 1911 e 1912.
Historia e características Apareceu o 2 de xullo de 1911 para substituír a La Voz de Fene. Periódico quincenal voceiro da sociedade agraria La Necesaria de Fene vencellada á Federación Agrícola Ferrol-Pontedeume. Estaba dirixido por Genaro Moreda Martínez e entre os seus colaboradores figurou Manuel Montero Corbeira. Reproduciu conferencias pronunciadas en Fene polo mestre Juan García Niebla e artigos de Rodrigo Sanz. Afín a Solidaridad Gallega, recolleu en galego as máximas do catecismo solidario e denuncias anticaciquís. Cesou co número 32, en outubro de 1912.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita de Fene Categoría:Prensa agraria Categoría:1911 en Galicia