Julio Modesto Giz Ramil, máis coñecido como Xulio Xiz, nado o 17 de febreiro de 1947 en Vilalba, é un xornalista, guionista, escritor e produtor galego.
Traxectoria Licenciado en CC. da información e mestre, xubilouse como funcionario da Xunta de Galicia. Cofundou e dirixiu con Carlos Rodríguez Arias a produtora e editorial Ophiusa (1986), Televisión Lugo (TVL, 1994) e o portal de Internet Galicia Dixital (2000)Biografía sumaria en separador de follas. Homenaxe veciñal Vilalba 18/09/2016
Obras bibliográficas Entre outras:Base de datos de libros editados en España
Medio cento de galegos e Rosalía, 1983. Os poetas de Vilalba, 1983. Galicia pobo a pobo, 1986. Os escritores lucenses arredor de Fole, 1986. Longa noite de pedra: poetas da guerra e da posguerra, 1989. Monterroso en las tierras de Ulloa, 1990. Palas de Rei . Regio palacio, 1991. El Belén de Begonte, 1991. Lancara para vivir, 1991. Patria poética, 1991. Os señores da palabra, 1993. Arredor da vida: o traxe e o baile nas terras de Lugo, 1993. Ultreia, 1993. Un paso de poesía: poesía galega, 1961-1975, 1993. Os Ancares: fuerza vital, 1994. Lugo y su provincia, 1995. San Froilán, 1999. Terras de Lugo: Terra Chá, 2009. Mato sono io, 2009.
Recoñecementos e galardóns
Primeiro socio de honra da Coral Polifónica de Vilalba (1984) XV Premio de Xornalismo Moncho Pío Hectómetro literario no Paseo dos Soños vilalbés, Medalla de ouro do Excmo. Concello de Vilalba (2017)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas O soportal do audiovisual galego Consello da Cultura Galega. http://galegos.galiciadigital.com/gl/julio-modesto-giz-ramil A súa biografía no portal cofundado por el.
Categoría:Xornalistas de Vilalba Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Guionistas de Galicia Categoría:Nados en Vilalba Categoría:Nados en 1947