Ella Maria Lani Yelich-O'Connor, nada en Devonport, North Shore, Rexión de Auckland, Nova Zelandia, o 7 de novembro de 1996, máis coñecida polo seu nome artístico Lorde (), é unha cantautora neozelandesa. O seu primeiro EP, The Love Club, foi lanzado o 22 de novembro de 2012, e o seu primeiro sinxelo, "Royals", debutou no número un do top corenta de Nova Zelandia, e tamén acadou o primeiro posto na Billboard Hot 100 por nove semanas en 2013, converténdose na primeira artista neozelandesa en conseguilo.
O seu álbum de estrea, Pure Heroine, foi estreado o 27 de setembro de 2013 e a finais dese mesmo ano foi nomeada ao Grammy en catro categorías, gañando dous dos premios.
Discografía Álbum Ano Selo Pure Heroine 2013 Lava, Republic Melodrama 2017 Lava, Republic Solar Power 2021 Universal RecordsVirgin2025Universal Records
Notas
Categoría:Cantautores Categoría:Personalidades de Nova Zelandia Categoría:Cantantes en lingua maorí