A xunca doce ou herba da bólaNomes vulgares galegos en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000, Cyperus esculentus, é unha planta herbácea cosmopolita de follas longas e finas que produce un tubérculo coñecido como chufa, nome co que tamén se coñece a planta. Cultívase tradicionalmente en España, nos arredores de Valencia para a produción de orchata. Etimoloxía Xunca ou xonza provén do latín juncea, que significa "de xunco", isto é, "planta de xunco"FERREIRA, A. B. H. Novo Dicionário da Língua Portuguesa. Segunda edición. Río de Xaneiro: Nova Fronteira, 1986. p.993.
Gastronomía Os tubérculos son comestíbeis e teñen un sabor de noces lixeiramente suave, parecido cun tubérculo de gusto máis amargo relacionado, Cyperus rotundus. Son bastante duros e, xeralmente, postos a remollo antes de seren inxeridos. Teñen varios usos; en particular, para fabricar o refresco coñecido como "orchata"FERREIRA, A. B. H. Novo Dicionário da Língua Portuguesa. Segunda edición. Río de Xaneiro: Nova Fronteira, 1986. p.400.
As chufas teñen un excelente valor nutricional, cunha cantidade de calorías semellante á das olivas. Son ricas en minerais, principalmente fósforo e potasio. Tamén carecen de colesterol e glute e teñen pouco sodio. O seu aceite contén 18 por cento de ácidos graxos saturados (ácido palmítico e ácido esteárico) e 82% de ácidos graxos insaturados (ácido oleico e ácido linoleico).url=http://dx.doi.org/10.1016/0926-6690(96)89446-5 |titulo=Yellow nut-sedge (Cyperus esculentus L.) tuber oil as a fuel |acessodata=5 de agosto de 2008 |lingua2=en |autor=Elsevier Science B.V. |data=setembro de 1996}}
O refresco feito a partir das chufas pode usarse na dieta dos intolerantes á lactosa.
Aceite Considerando que os tubérculos conteñen de 20 a 36 por cento de aceite, é posible a súa utilización na produción de biodiesel.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Orchata Xunca ou xonza (Cyperus longus) Papiro' (Cyperus papyrus'')
Categoría:Cyperus Categoría:Cultivos Categoría:Raíces e tubérculos comestibles Categoría:Plantas medicinais Categoría:Oleaxinosas Categoría:Plantas descritas en 1753