A morea anelada,Lahuerta e Vázquez (2000), p. 103. Channomuraena vittata (Richardson, 1845) é un peixe angüiliforme da familia dos murénidos, subfamilia dos uropterixiínos.
Taxonomía A especie foi descrita por primeira vez en 1845 polo naturalista, explorador, militar, e médico cirutxián escocés John Richardson como Nettastoma vittata, sendo despois reclasifiucada no xénero Channomuraena.Channomuraena vittata (Richardson, 1845) no WoRMS.
Características Os machos poden chegar a alcanzar os 150 cm de lonxitude total.Channomuraena vittata (Richardson, 1845) en FishBase
Distribución xeográfica É unha especie de distribución circumtropical.
Encóntrase nas costas dos océanos: Índico: illas da Reunión, Mauricio e de Nadal) Pacífico occidental: nas illas Palau e Hawai. Atlántico occidental: Bermudas, Bahamas e no mar Caribe. Pode encontrarse tamén no sur da Florida, (Estados Unidos) e no noroeste do golfo de México, e tamén se citou a súa presenza nas costas de Baía (Brasil) e das illas do Atlántico oriental.
Bioloxía A morea anelada é unha especie bentónica e solitaria, de hábitos nocturnos, que vive nas pendentes do noiro continental, agochándose en fendas das rochas.
Pesca É obxecto de pesca comercial no Atlántico centroocidental, nas áreas de pesca 34, e parte da 47.Böhlke, J. E. (1981).
Notas
Véxase tamén Bibliografía Böhlke, J. E. (1981): "Muraenidae", en W. Fischer, G. Bianchi & W. B. Scott (eds.) FAO species identification sheets for fishery purpose. Eastern Central Atlantic, Fishing Areas 34, 47 (en parte), Vol. 3. FAO, Roma. McCosker, John F., Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. (1998): Encyclopedia of Fishes. San Diego, EE.UU.: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. New Yorh: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos Murénidos Uropterixiínos
Ligazóns externas Channomuraena vittata en FishBase
Categoría:Angüiliformes Categoría:Animais descritos en 1845