miniatura|300px|Un peregrino avanza entre os lugares de Cerdigo e Islares, na costa de Cantabria. miniatura|300px|Representación esquemática dos Camiños de Santiago do Norte O Camiño do Norte ou ruta da costa é un dos diversos Camiños de Santiago polo que os peregrinos percorren a península para render culto ó Apóstolo. Este itinerario percorre todo o norte peninsular, bordeando a costa cantábrica, desde Irún ata Ribadeo, para logo entrar en terras galegas cara a Santiago, enlazando co Camiño Francés en Arzúa. Presenta, como é habitual nos Camiños de Santiago, numerosas rutas alternativas dentro do mesmo itinerario así como conexións co Camiño Francés desde distintas localidades.

Recollía, fundamentalmente, os peregrinos que viñan de Europa pola costa occidental francesa e mais os que viñan en barco desde Inglaterra ou distintos puntos da Europa setentrional e desembarcaban en Bordeos, Bermeo, Donostia, Santander ou Xixón, entre outros portos cantábricos. Estes peregrinos, unha vez en terra, seguían o itinerario do Camiño do Norte ou descendían perpendicularmente para enlazar co Camiño Francés: desde Irún a Burgos (Camiño Vasco do Interior), desde Torrelavega a Aguilar de Campoo e Carrión de los Condes ou desde Oviedo a Lugo e Palas de Rei (Camiño Primitivo). Á súa vez, a ruta cantábrica recollía peregrinos que viñan polo Camiño Francés e, desde León, ascendían a Oviedo polo Camiño Real, para visitar a catedral de San Salvador e seguir logo a peregrinación cara a Santiago polo Camiño do Norte.

Entre outros peregrinos célebres que fixeron este itinerario no seu camiño cara a Santiago podemos citar a Francisco de Asís, de quen a tradición conta que fixo a viaxe en 1214; o astrónomo veneciano Bartolomeo Fontana, que o fixo entre 1538 e 1539; ou Filipe I, xa no século XVI.

Segundo a Oficina do Peregrino, o Camiño do Norte ocupa o terceiro lugar en número de peregrinos, con 17.312 en 2016, observando un incremento nos últimos anos 15.008 en 20104 (6,31% do total de peregrinos por tódolos camiños), 15.815 en 2015 (6,02%) e 17.312 en 2016 (6,22%). Fronte a estas cifras, o Camiño Francés multiplicaba por dez o número de peregrinos: 176.329 en 2016..

O Camiño do Norte percorre, bordeando a costa, as provincias de Guipúscoa, Biscaia, Cantabria e Asturias. Entra en Galicia por Ribadeo e pasa por Mondoñedo, Vilalba, Sobrado e conflúe co Camiño Francés en Arzúa.

Como acontece con outras rutas, as distintas guías e fontes que se poden consultar difiren -lixeiramente- en canto o itinerario a seguir, sendo maiores as diferenzas no número e distancia das etapas nas que dividen o Camiño. No presente artigo seguiremos a distribución proposta pola Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago, que divide o Camiño en 32 etapas (ata Arzúa). Todos coinciden en que non sofre a masificación do Camiño Francés pero, como consecuencia, a infraestrutura está moito menos dotada en canto á sinalización, mantemento dos camiños e albergues de peregrinos (en número e capacidade).

O Camiño do Norte en Francia O antigo Camín de Soulac baixaba pola costa occidental francesa desde Quimper e Paimpol, na Finistère francesa. Seguía por Nantes, Soulac-sur-MerCoa igrexa de Notre-Dame-de-la-Fin-des-Terres, incluída como parte do Patrimonio da Humanidade "Caminos de Santiago de Compostela en Francia". e Bordeos, e remataba en Hendaia, na fronteira con España. Unha vez superada a fronteira e xa en territorio español atópase Irún, localidade considerada como punto de partida do Camiño do Norte.

O Camiño do Norte no País Vasco miniatura|Estela xunto á ermida de Santiagotxo (Hondarribia). Xa en Irún, os peregrinos debían optar por dúas rutas alternativas a Santiago: A que se denomina Camiño Vasco do Interior, ruta seguida polos romanos como porta de entrada na península. Esta ruta pasaba por Tolosa, Vitoria, Miranda de Ebro e Burgos, para continuar polo Camiño Francés. Tamén era posible acceder antes a este desviándose en Vitoria cara a Haro (A Rioxa). O Camiño da Costa (Camiño do Norte) cara a Donostia e Cantabria. Este é o itinerario que se describe no presente artigo.

1ª etapa: Irún - Donostia O Camiño parte da ponte internacional de Santiago sobre o río Bidasoa, que separa Francia de España. Deixa Irún bordeando as marismas de Txingudi e axiña chega a Hondarribia, onde se atopa a ermida de Santiagotxo. Ó pouco pode visitarse o Santuario de Guadalupe, citado en 1526 no contexto dunha doazón de 6 ducados de ouro por Juan Sebastián Elcano.

Segue por Pasaia (Pasajes), atravesada polo río Oiartzun, e accede a Donostia tras cruzar o río Urumea. A primeira mención documentada da cidade é unha doazón no ano 1014 do rei navarro Sancho III O Maior (990-1035) A este rei débese o trazado definitivo do Camiño de Santiago Francés, ó asegurar de incursións musulmás a zona comprendida entre os Pireneos e Nájera., do mosteiro de San Sebastián ó de Leire. En Donostia destacan a catedral do Bo Pastor (do século XIX), o palacio de Miramar (tamén do XIX, que foi residencia de verán das raíñas Isabel II e María Cristina) e a escultura Peite do Vento, de Eduardo ChillidaConxunto de tres esculturas de aceiro, incrustadas nas rochas ó pé do Cantábrico, e situadas ó final da Praia de Ondarreta. É unha das obras máis coñecidas de Chillida, rematada en 1976..

2ª etapa: Donostia - Zarautz Non tan dura como a etapa anterior, nesta tamén haberá que sufrir ascensos e descensos, se ben non tan pronunciados.

Tras deixar Donostia, o Camiño atravesa IgeldoHoxe un barrio de Donostia que desde hai anos aspira a constituírse en concello independente. En decembro do 2013, aprobou por votación popular separarse de Donostia (El País, 17.12.2013 ), pero en febreiro de 2014 o Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco anulou de forma cautelar o decreto de desanexión (Diario Vasco.com, 12.02.2014 ).. Alcanzado o alto de Munioetazar comeza o camiño descendente cara a Orio, que acolle un Centro de Interpretación do Camiño e a igrexa parroquial de San Nicolao de Bari, de principios do XVII. Crúzase o río Oria e bordéase a ría ata Txurrika, para chegar ó pouco a Zarautz.

Dentro de Zarautz, concretamente no barrio de Elkano, está a igrexa de San Pedro, documentada en 1025 (o que fai sospeitar que fose o berce ó redor do cal naceu Zarautz). Tamén cómpre visitar o palacio de Narros (do século XVI), a casa-torre dos Zarautz (do XIV-XV) e a igrexa parroquial de Santa María a Real.

3ª etapa: Zarautz - Deba esquerda|miniatura|250px|Pórtico de Santa María de Deba. Nova etapa de subidas e baixadas, na que o Camiño pasa por Getaria (berce de Juan Sebastián Elcano) e Askizu. Tras cruzar o río Urola, chega a Zumaia, deixando á dereita a praia de Santiago; en Zumaia destaca a casa museo de Zuloaga e a igrexa de Santiago. Pasa logo por Elorriaga e segue o curso da estrada N-634, para chegar a Itziar, co santuario de Santa María (do século XVI, construído sobre un templo románico anterior; conserva a portada do século XIII)A carón do templo levántase a escultura de Jorge Oteiza titulada Amatasuna (Maternidade) ..

Finalmente, chega a Deba, pasando antes ó pé da ermida de San Roque, na que dúas vieiras adornan unha fornela na parede. Deba foi fundada por Sancho IV no lugar que ocupa actualmente o barrio de Itziar en 1294 e bautizada co nome de Mont-Real. No 1343 foi trasladada ao seu actual lugar na desembocadura do río Deba, pasando a denominarse Mont-Real de Deva, e finalmente o nome da vila acabaría confundíndose co do río ó perder o apelativo de Mont-Real.

Un dos monumentos de Deba é o Convento Hospital de Sasiola, do século XVI ou XVII, que foi convento e hospital de peregrinos.

4ª etapa: Deba - Markina Nesta etapa, toda interior como sucederá coas seguintes, seguen sucedéndose os ascensos e descensos das anteriores.

O Camiño deixa Deba e cruza o río do mesmo nome. Pasa xunto á ermida do Calvario, en Maia, e segue ata Olatz (do concello de Mutriku), seguindo o leito do rego Anu. Tras entrar na provincia de Biscaia pasa polos lugares de Damukorta, Arnoate, Atzorinzabal e Amulategui. Finalmente, tras deixar ó lado a ermida de Arretxinaga (do século XVIII) chega finalmente a Markina.

Markina foi fundada en 1335 polo Infante Don Tello, Señor de Biscaia, co nome de Villaviciosa de Marquina, e constituía a marca fronteiriza con Guipúscoa. Está formada pola vila do mesmo nome e o elizate de Xemein. Entre 1969 e 2005 incluíu o elizate de Zenarruza, da que se falará na etapa seguinte. Markina sufriu constantes bombardeos durante a Guerra Civil.

5ª etapa: Markina - Gernika miniatura|300px|Reprodución do Guernica de Picasso, na localidade que conmemora. A etapa comeza seguindo o curso do río Artibal e pasando xunto á ermida da Nosa Señora de Erdotza (do XVI), ata Irizubieta, Altzaga e Arta, chegando finalmente a Bolibar (de onde procede a familia do liberador de Venezuela Simón Bolívar, e que conta cun museo dedicado a este).

Segue, por unha calzada medieval, ata o mosteiro de Zenarruza, de estilo gótico (aínda que con restos do século XI) e claustro renacentistaminiatura|250px A lenda conta que unha aguia deixou caer unha caveira e que o punto onde esta caeu foi elixido polos monxes para erguer o mosteiro. Un escudo nun arco lembra esta lenda.. Continua ata o alto de Gontzagarigana e pasa por Uriona, Gerrikaitz e, despois de cruzar o río Lea, por Munitibar. Os pasos seguintes son Aldaka, onde se ergue unha ermida dedicada a Santiago (do XVIII), e Berriondo (do concello de Mendata). Berriondo naceu no século X ó redor da igrexa de San Miguel Arcanxo.

O Camiño segue por Zarra, cruza a ponte de Artzubi e pasa por Elexalde (coa igrexa de Santo Tomás), Marmiz e Ajangiz (coa igrexa da Ascensión, do século XIX). Desde aquí, percorre a beiravía da estrada ata Gernika. Gernika tivo hospital de peregrinos (Hospital do Señorío, século XVI).

Os elementos máis significativos desta localidade son a Casa de Xuntas e a árbore de GernikaA Árbore de Gernika simboliza as liberdades dos vascos. Ó seu pé xuran os seus cargos os lehendakaris do goberno vasco, tal como hai séculos xuraba os foros o Señor de Biscaia.. Gernika foi practicamente arrasada o 26 de abril de 1937, nun bombardeo masivo realizado pola aviación alemá da Lexión Cóndor, no transcurso da Guerra Civil Española. Este feito inspirou ó pintor Pablo Picasso o seu famoso cadro Guernica.

6ª etapa: Gernika - Lezama Antes de abandonar Gernika, o peregrino pasa a carón da Casa de Xuntas e a ermida de Santa Lucía, e comeza entón unha breve subida ata o alto de Bilikario (230 m). Pasa pola aldea de Pozueta e a ermida de Santo Estevo de Gerezik, pola mesma ruta que séculos atrás seguían os señores vascos a Gernika; e logo Landotz e Eskerika, para chegar ó pouco á estrada, da que cómpre seguir pola beiravía durante toda a segunda metade da etapa.

O Camiño segue por Astoreka, Goikoelexalde (coa igrexa de San Emeterio e San Celedonio) e Larrabetzu (coa igrexa barroca de Santa María). Finalmente accédese a Lezama, onde destaca a Torre de Lezama (construída por Pedro Ruíz, antigo Señor de Biskaia) e a igrexa románica de Santa María. Tamén a pequena capela (humilladero) do Santo Cristo, datada a mediados do XVI.

En Lezama tamén se atopan as instalacións de adestramento do Athletic de Bilbao.

7ª etapa: Lezama - Bilbao miniatura|250px|Torre da Basílica da Nosa Señora de Begoña Déixase Lezama seguindo a beiravía da estrada ata Zamudio, coa igrexa de San Martiño e a torre dos marqueses de Malpica, punto no que se abandona a estrada e comeza a subida ó monte Avril (365 m Realmente, o cumio do monte son 382 m, un pouco separado do Camiño.), única dificultade desta etapa. Un tramo deste ascenso segue unha antiga calzada dos Zamudianos, un antigo camiño real que viña de Bermeo.