O saltillo ( , ) é un grafema empregado como letra suplementaria do alfabeto latino. É semellante a un apóstrofo.

Uso Emprégase en linguas de México, coma o meꞌphaa, o chꞌol ou o mixteco para representar unha consoante oclusiva glotal.

En lingua náhuatl non sempre se escribe este fonema. Para representalo empréganse, ademais do saltillo as letras h ou j ou un acento grave.

Tamén aparece o saltillo no alfabeto do sinama central en Filipinas e Borneo, que se pode representar cun apóstrofo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos ʻOkina Ɂ Apóstrofo

Categoría:Tipografía Categoría:Grafémica Categoría:Alfabeto latino