O distrito de Moroto é un distrito da Rexión Norte de Uganda. Como moitos outros distritos ugandeses, o seu nome provén da súa cabeceira, Moroto.

Limita co distrito de Kaabong polo norte, coa República de Kenya polo leste, co distrito de Amudat polo sur, co distrito de Nakapiripirit polo suroeste, co distrito de Napak polo oeste e co distrito de Kotido polo noroeste. Atópase ao pé do monte Moroto. A capital de Moroto atópase aproximadamente a 210 km, por estrada, ao nordeste de Mbale, a maior cidade máis próxima.Road Distance Between Mbale And Moroto With Map

O distrito forma parte da subrexión Karamoja canda: distrito de Abim, distrito de Amudat, distrito de Kaabong, distrito de Kotido, distrito de Nakapiripirit e distrito de Napak.Mapa de Karamoja No ano 2002, a poboación da rexión de Karamoja estimábase en 800.000 persoas.

O distrito consiste nunha chaira cuberta por unha sabana con algúns outeiros rochosos. Componse de tres condados: Bokora, Matheniko e Moroto. Está habitado polos karimojong, un grupo étnico distintivo e vivo, que mantén as súas tradicións.

A agricultura e a gandaría son as principais actividades económicas do distrito.

Recentemente, o cultivo de Jatropha está en voga, empregándose a súa semente para producir biocombustible. A apicultura é outra actividade económica que está gañando popularidade.

O distrito é un centro de recursos minerais aínda por explotar. Hai sobre cincuenta minerais, así como pedras preciosas, diferentes na rexión de Karamoja. Destes, Moroto ten ouro, prata, cobre, ferro, titanio, manganeso, niobio, tantalita e cromo. Tamén hai mármore, mica, granate, pedra calcaria e asbestos.

A poboación segundo o censo do ano 2002 estimábase, segundo se constituíu en xullo de 2010, en 77.250 persoas. Estímase que a poboación do ano 2010 é de 97.900, segundo segue a táboa.

{| style="font-size:100%;" |- | width="100%" align="center" | Poboación do distrito de Moroto |- valign="top" | Ano Poboación (estimación)200277.250200379.600200482.000200584.400200687.000200789.600200892.300200995.000201097.900

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Moroto District at Ugandatravelguide.com

Moroto