Johann Benedict Listing, nado en Frankfurt o 25 de xullo de 1808 e finado en Gotinga o 24 de decembro de 1882, foi un matemático alemán.
Traxectoria En 1830 ingresou na Universidade de Gotinga, onde foi alumno de Gauss. En 1834 expuxo a súa tese titulada De superficiebus secundi ordinis. Foi o primeiro en utilizar a palabra topoloxía en vez do termo usual na época de xeometría situs, querendo destacar desa maneira a autonomía crecente desta disciplina.
A partir de 1837 impartiu clases de matemáticas en Hannover, recibindo en 1839 a cátedra de física. En 1847 publicou Vorstudien zur Topologie. En 1858 descubriu as propiedades topolóxicas do que actualmente se coñece co nome de banda de Möbius, de forma independente a este último. En 1862 na súa obra Der Census raumlicher Complexe oder Verallgemeinerung des Euler'schen Satzes von den Polyedern xeneralizou para os complexos simpliciais a Característica de Euler dos poliedros.
Listing interesouse tamén pola xeodesia e a el débeselle o termo de xeoide.
Véxase tamén Ligazóns externas . Artigo de 1847 onde presenta a Topoloxía, publicado en Vorstudien zur Topologie, Vandenhoeck und Ruprecht, Gotinga, pp. 67, 1848.
Categoría:Nados en 1808 Categoría:Finados en 1882 Categoría:Matemáticos de Alemaña Categoría:Nados en Frankfurt Categoría:Alumnos da Universidade de Gotinga Categoría:Profesores da Universidade de Hannover