O épsilon latino ou e aberto ( , ) é unha letra suplementaria do alfabeto latino. Está baseada na letra grega épsilon.

Uso No Alfabeto Fonético Internacional o símbolo [] representa a vogal semiaberta anterior, como en galego “terra” ([ˈtɛra̝]). Forma parte do alfabeto africano de referencia representando o mesmo fonema, polo que aparece como letra en máis dun cento de linguas africanas coma o aja, o ewe, o kpelle ou o kabiyé. Emprégase no chipewyan cando se escribe co alfabeto latino. No bérber escrito en alfabeto latino emprégase para representar a consoante aproximante farínxea sonora antigamente representada cun acento circunflexo. Escolleuse esta letra pola súa semellanza coa letra árabe ‘ayn ( ع ).

Notas

Véxase tamén Outros artigos E Épsilon Ɔ, o aberto

Categoría:Tipografía Categoría:Grafémica Categoría:Alfabeto latino Categoría:Símbolos de transcrición fonética