Otros días vendrán é unha película española dirixida por Eduard Cortés en 2005 e protagonizada por Fernando Guillén, Álex Angulo, Cecilia Roth, Antonio Resines, Nadia de Santiago, Nacho Aldeguer e Reyes Calzado.

A súa trama xira arredor dunha historia de amor e as perversidades, onde Cecilia Roth e Antonio Resines dan vida a unha parella que ten que superar múltiples obstáculos para poder empezar e consolidar a súa relación. A loita pola vida, polo amor e por encontrar unha existencia mellor son os temas nos que se centra Otros días vendrán.

Sinopse Alicia (Cecilia Roth) é unha profesora de instituto que vive coa súa filla e coa frustración dun doloroso erro sentimental que aínda lle doe. A súa vida é un desastre no plano amoroso e sexual e a súa existencia é completamente anódina. Para pór remedio acostuma establecer relacións a través dun chat en Internet, mais a maioría das veces é insatisfactorio cando non desagradable. Con todo, cando Alicia ten a posibilidade de coñecer alguén especial, pois quizais ela non vai querer coñecer máis.

Elenco Cecilia Roth, como Alicia. Antonio Resines, como Luis. Fernando Guillén, como Lucas. Nacho Aldeguer, como Javi/Zak. Nadia de Santiago, como Vega. Georgina Latre, como Susi. Reyes Calzado, como Ana. Álex Angulo, como Miguel.

Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes en lingua castelá