Lajos Tichy, nado o 21 de marzo de 1935 en Budapest e finado o 6 de xaneiro de 1999 na mesma cidade, foi un futbolista húngaro que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria Toda a súa carreira transcorreu no Budapest Honvéd FC e na Selección de fútbol de Hungría. Co combinado nacional disputou os Mundiais de Fútbol de Suecia 1958 e o de Chile 1962.

Xa como adestrador proclamouse campión da Liga de Hungría co Budapest Honvéd FC en 1980.

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas do xogador coa selección Estatísticas do xogador

Categoría:Nados en Budapest Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 1999 Categoría:Futbolistas de Hungría Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Budapest Honvéd FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Hungría Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1958 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1962 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1966 Categoría:Adestradores de fútbol de Hungría Categoría:Adestradores do Budapest Honvéd FC