Počitelj (en cirílico: Почитељ) é unha vila situada no municipio de Čapljina, na Federación de Bosnia e Hercegovina, Bosnia e Hercegovina. O lugar histórico de Počitelj está situado na ribeira esquerda do río Neretva.
Descrición Situada ao sur de Mostar, é famosa pola súa arquitectura musulmá cunha mesquita, unha madrasa e casas turcas. Extráese aluminio dunha explotación de bauxita dende 1976, empregando enerxía dunha central hidroeléctrica próxima.
Turismo O castelo de Počitelj, construído en 1444, é un dos principais puntos de interese da vila; ofrece unha ampla vista do val do río Neretva.
A mesquita de Šišman Ibrahim-Paša, construída entre 1562 e 1563, danada durante a Guerra dos BalcánsGort, Jerald (2002). Religion, Conflict and Reconciliation: Multifaith Ideals and Realities. Rodopi. p. 347. ISBN 90-420-1460-1. foi restaurada. A torre do reloxo data do 1664.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Artigo "Mostar" da Encyclopædia Britannica 2009 Student and Home Edition en DVD (en inglés).
Categoría:Cidades de Bosnia e Hercegovina