José Mariano Abizanda San Martín, nado en Ferrol e finado na mesma cidade o 12 de agosto de 1901,La Idea Moderna, 14-8-1901, p. 2. foi un mariño, político e xornalista galego.

Traxectoria O seu pai foi alcalde de Ferrol en 1852. Capitán da Mariña Mercante na súa xuventude, abandonou a mariña para dedicarse aos negocios. Fundou en 1878 en Ferrol o xornal El Correo Gallego. Foi alcalde de Ferrol dende o 27 de decembro de 1890 ata o 24 de xullo de 1891. Foi deputado provincial.

Notas

Categoría:Xornalistas de Ferrol Categoría:Alcaldes de Ferrol Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Finados en 1901 Categoría:El Correo Gallego Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Nados en ano descoñecido