As Eleccións xerais de 27 de abril de 1884 en España foron convocadas baixo o reinado de Afonso XII en base ao disposto na Constitución española de 1876, vixente ata 1931, na coñecida como Restauración borbónica en España.

Antecedentes 200px|miniatura|Emilio Castelar O 13 de outubro de 1883 o ministerio do Partido Liberal Fusionista presidido por Práxedes Mateo Sagasta asociado polos problemas que suscitaba a violenta intransigencia republicana, a axitación social e as divisións no seo do seu propio partido, entregaba a substitución a outro dirixido por José de Posada Herrera.

O 18 de xaneiro de 1884 a crise do liberal-fusionismo carrexa a caída de José de Posada Herrera e a volta dos conservadores do Partido Liberal-Conservador con Antonio Cánovas del Castillo quen o 31 de marzo disolve as Cortes.

Características O número de votantes para estas eleccións era de 808.243 (o 4,6% da poboación total), mediante sufraxio restrinxido. Elixíronse 392 deputados o día 27 de abril de 1884.

Composición do Congreso dos Deputados ← Eleccións xerais en España, 27 de abril de 1884 → Partido Escanos Líder Partido Liberal-Conservador 310 Antonio Cánovas del Castillo Partido Liberal 38 Práxedes Mateo Sagasta Izquierda Dinástica 38 José Posada Herrera Partido Demócrata Posibilista 10 Emilio Castelar Progresistas, republicanos, demócratas e independentes 2 Eduardo Baselga Chávez Unión Liberal 1 Joaquín Fontes y Contreras

Morte de Afonso XII O 25 de novembro de 1885 morre o rei Afonso XII de España comezando a rexencia de María Cristina no nome do seu fillo o rei Afonso XIII.

Véxase tamén Outros artigos Práxedes Mateo Sagasta Antonio Cánovas del Castillo Restauración borbónica en España

Ligazóns externas Resultados Histórico de Deputados El poder de la influencia: geografía del caciquismo en España (1875-1923) por José Varela Ortega, Carlos Dardé, Josep Armengol i Segú.

Categoría:1884 1884