A estación de Ordes, tamén coñecida como Ordes-Fosado é unha estación de tren de Adif situada no lugar de Fosado, no concello de Ordes, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 401,323 da liña férrea que une Zamora e A Coruña a 238 metros de altitude,Ordes (Est.) Euroferroviarios, entre as estacións de Cerceda-Meirama e Santiago de Compostela. Atópase nunha variante do trazado orixinal froito das obras do eixe atlántico de alta velocidade entre A Coruña e Santiago de Compostela.
Historia A estación foi inaugurada en 2003 substituíndo á antiga estación de Ordes-A Pontraga que se construíu en 1943 no trazado orixinal da liña Zamora-A Coruña entre Santiago de Compostela e A Coruña. Este novo recinto sitúase a máis de 6 quilómetros do casco urbano, o que dificulta o seu uso por parte da poboación.Fosado, a estación fantasma de Ordes El Correo Gallego
Está formada por un moderno edificio construído a base de bloques de formigón e con amplas zonas acristaladas. Dispón de dúas plataformas laterais e de catro vías, dúas delas sen acceso a plataforma.
Servizos ferroviarios Media distancia Actualizado a 1 de xaneiro de 2018. Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe 1 Rexional A Coruña <> Santiago de CompostelaVigo-Guixar
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Información de saídas e chegadas na web de Adif
Ordes Categoría:Ordes