Rafael Antonio de Orense Figueroa, nado en Padrón en 1845 e finado en Santiago de Compostela o 27 de abril de 1887,El Eco Comercial, 3-5-1887, p. 1. foi un político galego.
Traxectoria Foi deputado provincial da Coruña. Foi elixido deputado polo distrito de Padrón nas eleccións de abril de 1872 e volveu ser elixido deputado polo mesmo distrito nas eleccións de 1876. Nas eleccións de 1881 foi elixido deputado polo distrito de Cambados e nas de 1886 volveu ser elixido polo distrito de Padrón.
Vida persoal
Casou con Benigna Artime Santamarina, filla de Benigno Artime Álvarez, que finou en 1876.El Diario de Santiago, 11-4-1876, p. 3.
Recoñecementos
Cabaleiro Gran Cruz da Orde do Cristo de Portugal. Comendador de número da americana de Isabel a Católica. Xefe superior honorario de Administración civil.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1845 Categoría:Finados en 1887 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos