miniatura|dereita|Mapa de estradas de Galicia.
dereita|miniatura|Estrada OU-311 na Mezquita cun sinal de fito quilométrico que xa non está recollido no catálogo oficial.
A Rede de estradas de Galicia ou, na súa denominación pola Xunta de Galicia, Rede Autonómica de Estradas de Galicia (RAEGA) comprende o conxunto de estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia.
Está formada polas estradas cuxo itinerario discorre integramente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que non sexan de titularidade do estado español ou doutros organismos como concellos ou deputacións.
Nomenclatura As estradas da rede reciben un identificador conforme á nomenclatura establecida polo Regulamento Xeral de Circulación e a Lei de Estradas de Galicia: Identificador Descrición AG-XX Son as vías que entran na definición de autoestrada e de autovía. Identifícanse coas sinais de identificación de estradas S-410, S-570 e S-574. A velocidade máxima é de 120 km/h.CG-X.x Corredores. Cumpren moitas das condicións das AG, agás por que só dispoñen dunha calzada pola que circulan os dous sentidos do tráfico. Sinalízanse coa cor verde. A velocidade máxima é de 90 km/h. Non teñen cruzamentos a nivel. Moitos pensáronse para seren convertidos en autovía nun futuro. VG-X.x Corredores curtos que dispoñen dunha calzada pola que circulan os dous sentidos do tráfico. Sinalízanse coa cor verde. A velocidade máxima é de 90 km/h, pero pode ser menor, xa que poden ter rotondas no seu percorrido. AC-XXXLU-XXX OU-XXX PO-XXX Estradas convencionais. A velocidade máxima é de 90 km/h. Segundo o catálogo oficial de sinais, poden ser de primeiro, segundo ou terceiro nivel, e identifícanse coas cores laranxa, marrón e amarelo. Sinalízanse coas sinais de identificación de estradas S-430, S-440, S-450, S-572 e S-575. A cor verde xa non está recollida aínda que pode estar presente nas estradas. alt=Estrada AC-409 cun sinal de fito quilométrico S-572 en cor verde que xa non está recollido no catálogo oficial e debería substituírse pola cor marrón.|miniatura|Estrada AC-409 cun sinal de fito quilométrico en cor verde que xa non está recollido no catálogo oficial e debería substituírse por un sinal S-572 en cor marrón.
Catálogo de estradas O catálogo da Rede Autonómica de Estrada de Galicia recolle as estradas de titularidade da Comunidade Autónoma xunto con datos e información sobre as características da vía e está dispoñible para a súa consulta pública.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Ligazóns externas Rede Autonómica de Estradas de Galicia (RAEGA) Xunta de Galicia.
Categoría:Estradas de Galicia