O patriarcado de Xerusalén dos latinos (en latín: Patriarchatus Hierosolymitanus Latinorum) é unha sé católica latina inmediatamente suxeita á Santa Sé, con xurisdición sobre Israel, Chipre, Palestina e Xordania. O patriarca actual é o arcebispo Fuad Tual.

Historia Cronoloxía Século I: Fundación da diocese de Xerusalén. 451: Elevación da sé a patriarcado de Xerusalén (rito bizantino). 1099: Institución do patriarcado de Xerusalén (rito latino). 1295: Redución a patriarcado titular de Xerusalén. 1847: Restabelecemento do patriarcado latino de Xerusalén. O patriarcado cruzado O 15 de xullo de 1099 Xerusalén foi conquistada polos cruzados, que estabeleceron o Reino de Xerusalén que durou preto de 200 anos. Até ese momento a maioría dos cristiáns en Terra Santa estaban baixo a xurisdición do patriarca ortodoxo de Xerusalén, mais os cruzados non aceptaron someterse ao rito bizantino e a unha Igrexa independente de Roma dende o Gran Cisma de 1054 entre o Oriente e o Occidente cristiáns.

Así, o 1 de agosto de 1099 os relixiosos cruzados crearon o patriarcado de Xerusalén dos Latinos, e foi nomeado como primeiro titular Arnulf de Chocques. Simón II, o patriarca grego de Xerusalén, acabou refuxiándose en Constantinopla, cara a 1107, e os seus sucesores non voltarían a Xerusalén até 1187.

Foi estabelecida unha xerarquía latina, de rito romano, e durante a existencia do reino de Xerusalén, o patriarcado latino foi dividido en catro arquidioceses: Tiro, Cesarea, Nazaret e Petra; e tiña como sufragáneas directas ás dioceses de Lida-Ramla, Belén, Hebrón e Gaza, e os abades do monte do Templo, monte Sión e monte das Oliveiras.

O patriarca latino tamén controlaba o barrio cristián da cidade de Xerusalén (a igrexa do Santo Sepulcro e inmediacións).

Logo da caída de Xerusalén, en 1187, a sé do patriarcado foi movida a Tiro e Acre en 1191. Os patriarcas volveron a Xerusalén en 1229, cando a cidade foi devolta aos cruzados, e novamente de volta a Acre en 1244. San Xoán de Acre xa tiña a súa diocese, mais as dúas foron unidas en 1261.

Cando, tras a caída de Acre en 1291, os últimos vestixios do Reino foron conquistados polos mamelucos, a historia do patriarcado cruzado rematou, aínda que permaneceu como sé titular.

A sé titular Logo da caída de San Xoán de Acre en 1291, a Igrexa Católica continuou a nomear patriarcas titulares de Xerusalén que, a partir de 1374, tiveron a súa sé na Basílica de San Lourenzo fóra dos Muros.

No século XIV, ademais desta basílica, o patriarca mantivo xurisdición sobre moitos territorios orientais que seguían en mans latinas (Chipre, Lesbos, Quíos, Creta, Rodas, Naxos e outras), mais estas posesións foron diminuíndo coas conquistas turcas.

O patriarcado actual O 23 de xullo de 1847 o papa Pío IX, co breve Nulla celebrior, decidiu restaurar o patriarcado de Xerusalén dos Latinos. O 4 de outubro foi anunciado que o Imperio Otomán autorizaba o restabelecemento da sé, con xurisdición sobre Palestina e Chipre.

Coa fin de evitar a implicación en temas políticos foron nomeados só patriarcas italianos até 1987, cando o cambio desta política veu co nomeamento de Michel Sabbah, o primeiro árabe palestino en ostentar o título.

A basílica do Santo Sepulcro foi designada como catedral do patriarcado latino. Porén, o patriarca latino só pode celebrar nela nos momentos e nos espazos asignados á comunidade franciscana da Custodia de Terra Santa polo Statu Quo, e en acordó con esta. O Statu Quo é un firmán otomán de 1852, aínda en vigor por efecto do Acordo Fundamental entre a Santa Sé e o Estado de Israel de 1993,Fundamental Agreement between the Holy See and the State of Israel, que asigna dereitos sobre o Santo Sepulcro ás diferentes Igrexas cristiás entón presentes: ademais dos católicos, estaban os apostólicos armenios, os ortodoxos coptos, os ortodoxos siríacos e os ortodoxos gregos, cuxo patriarca ten no centro da mesma basílica a súa propia cátedra e o Katholikon.

A cátedra do patriarca está situada na concatedral do Santísimo Nome de Xesús, igrexa nai da diocese, onde celebra normalmente; e a súa residencia está xunto á concatedral. O patriarca latino é membro de dereito do Consello dos Patriarcas católicos de Oriente e da Conferencia dos Bispos Latinos nas Rexións Árabes.

Territorio O patriarcado ten xurisdición sobre todos os fieis latinos de Israel, Xordania, Chipre e dos territorios gobernados pola Autoridade Nacional Palestina. A arquidiocese está organizada en cinco vigarías: Vigairía patriarcal de Palestina, con sé en Xerusalén e guiada polo bispo auxiliar e vigairo xeral William Hanna Shomali, bispo titular de Lydda. Vigairía patriarcal de Israel, con sé en Nazaret e baixo a guía do bispo auxiliar Giacinto-Boulos Marcuzzo, bispo titular de Emaús. Vigairía patriarcal de Xordania, con sé en Amán e baixo a guía do bispo auxiliar Marun Laham, arcebispo titular de Medaba. Vigairía patriarcal de Chipre, con sé en Nicosia, e baixo a guía do franciscano Bruno Varriano. Vigairía patriarcal de San Xacobe para os católicos de lingua hebrea en Israel, con sé en Xerusalén e baixo a guía de Rafic Nahra. O territorio está dividido en 66 parroquias.

Episcopoloxio Patriarcas de Xerusalén Arnulfo de Chocques (1 de agosto de 1099 - c. 30 de decembro de 1099, deposto) Dagoberto de Pisa (c. 26 de decembro de 1099 – setembro de 1102, deposto) Evremar de Thérouanne (1102 – 1105, deposto) Dagoberto de Pisa (restaurado polo papa Pascual II en 1105, e finado) Gibelin de Sabran (1108 – 1112, finado) Arnulfo de Chocques (renomeado o 26 de abril de 1112 – 28 de abril de 1118, finado) Gormond de Picquigny (xaneiro de 1119 – 1128, finado) Estevo de La Ferté (1128 – 1130, finado) Guillerme de Malinas (1130 – 1145, finado) Foucher de Angulema (26 de xaneiro de 1146 – 20 de novembro de 1157, finado) Amalric de Nesle (1158 – 1180, finado) Heraclius de Auvernia (26 de outubro de 1180 – inverno de 1190/1191, finado)

Patriarcas en San Xoán de Acre Logo da caída de Xerusalén en 1187 a sé patriarcal foi transferida a Tiro, e posteriormente, en 1191, a San Xoán de Acre. O patriarca volveu a Xerusalén en 1229, e novamente de volta a Acre en 1244. San Xoán de Acre xa tiña a súa propia diocese, mais as dúas sés foron unidas en 1261. Os patriarcas deste período foron os seguintes: Rodolfo (1191 – 1192) Michel de Corbeil (1193 – 1194) Aimaro o Monxe (1194 – outubro de 1202, finado) Soffredo Gaetani (1202 – 1204, renuncia) Albert Avogadro (1204 – 14 de setembro de 1214, finado) Raoul de Mérencourt (1215 – 1224) Gérold de Lausanne (1225 – 1239) Robert de Nantes (1240 – 1254) Jacques Pantaléon (1255 – 1261, elixido Papa) Guillaume d'Agen (1262 – 1270) Tommaso Agni (1272 – 1277) Hélie de Périgueux (1279 – 1287) Nicolas de Hanapes (1288 – 1291)

Patriarcas titulares Os patriarcas titulares logo da perda de San Xoán de Acre foron os seguintes: Landolfo (1295 - 1304) Antony Bek (1305 - 1311) Pierre Pleine-Chassagne (1314 - 1318) Pierre de Nicosia (19 de xuño de 1322 - 1324, finado) Raymond Beguin (19 de marzo de 1324 - 1328, finado) Pierre de la Palude (27 de marzo de 1329 - 31 de xaneiro de 1342, finado) Élie de Nabinal (12 de xullo de 1342 - 20 de setembro de 1342, creado cardeal) Pierre de Casa (7 de outubro de 1342 - 3 de agosto de 1348, finado) Guillaume Lamy (2 de marzo de 1349 - 9 de xuño de 1360, finado) Philippe de Cabassolle (18 de agosto de 1361 - 22 de setembro de 1368, creado cardeal) Guillaume Militis (22 de xuño de 1369 - 1371, finado) Guillaume de la Garde (12 de decembro de 1371 - 1374, finado) Philippe d'Alençon (27 de agosto de 1375 - 18 de setembro de 1378, creado cardeal) Entre 1379 e 1418, co Gran Cisma de Occidente, houbo ao mesmo tempo varios patriarcas de Xerusalén. Os patriarcas nomeados polo papa de Roma foron: Étienne (c. 1379 - 1384?) Fernand (c. 1384 - 1395?, finado) Ugo Roberti (12 de abril de 1396 - 1409?) Os patriarcas nomeados polo papa de Aviñón foron: Lope Fernandez de Luna (1380 - 1382) Bertrand de Chanac (1382 - 1385) Aymon Séchal (1394 - 1408) Francesc Eiximenis (1408 - 1409) Logo do Cisma, a liña sucesoria é a seguinte: Francesc Climent Sapera (7 de xuño de 1419 - 4 de novembro de 1429, nomeado arcebispo de Zaragoza) Hugues de Lusignan (1424 - 27 de maio de 1426, nomeado cardeal) Biaggio Molino (20 de outubro de 1434 - 1447, finado) Basilios Bessarion (21 de outubro de 1449 - 13 de marzo de 1458, renuncia) Lorenzo Zanni (13 de marzo de 1458 - 28 de abril de 1473, nomeado bispo de Treviso) Louis d'Harcourt (18 de xaneiro de 1460 - 14 de decembro de 1479, finado) Giovanni Antonio Sangiorgio (1500 - 1503, renuncia) Bernardino López de Carvajal Sande (30 de decembro de 1503 - 24 de outubro de 1511, renuncia) Rodrigo Carvajal (20 de febreiro de 1523 - 1539, finado) Alessandro Farnese (27 de agosto de 1539 - 1550, renuncia) Cristoforo Spiriti (28 de febreiro de 1550 - 5 de novembro de 1556, finado) Antonio Elio (20 de agosto de 1558 - 1576, finado) Giovanni Antonio Facchinetti de Nuce (12 de novembro de 1576 - 9 de xaneiro de 1584, instalado cardeal) Scipione Gonzaga (23 de setembro de 1585 - 15 de xaneiro de 1588, instalado cardeal) Fabio Biondi (8 de xaneiro de 1588 - 6 de decembro de 1618, finado) Francesco Cennini de' Salamandri (17 de decembro de 1618 - 2 de outubro de 1645, finado) Diofebo Farnese (17 de marzo de 1621 - data descoñecida) Alfonso Manzanedo de Quiñones (26 de outubro de 1622 - 13 de novembro de 1627, finado) Domenico de' Marini (15 de novembro de 1627 - febreiro de 1635, finado) Giovanni Battista Colonna (7 de abril de 1636 - 8 de abril de 1637, finado) Aegidius Ursinus de Vivere (15 de abril de 1641 - 17 de abril de 1647, finado) Camillo Massimo (15 de decembro de 1653 - 23 de febreiro de 1671, instalado cardeal) Egidio Colonna (19 de xaneiro de 1671 - 19 de outubro de 1686, finado) Bandino Panciatici (14 de outubro de 1689 - 10 de abril de 1690, instalado cardeal) Niccolo Pietro Bargellini (8 de maio de 1690 - 14 de setembro de 1694, finado) Francesco Martelli (21 Jul 1698 - 25 de xuño de 1706, instalado cardeal) Muzio Gaeta (14 de maio de 1708 - maio de 1728, finado) Vincenzo Ludovico Gotti (29 de abril de 1728 - 14 de xuño de 1728, instalado cardeal) Pompeio Aldrovandi (23 de marzo de 1729 - 9 de xullo de 1734, nomeado arcebispo de Corneto (Tarquinia) e Montefiascone) Tommaso Cervini (27 de marzo de 1734 - 29 de xullo de 1751, finado) Tommaso de Moncada (20 de setembro de 1751 - outubro de 1762, finado) Giorgio Maria Lascaris (20 de decembro de 1762 - 11 de decembro de 1795, finado) Michele Di Pietro (22 de decembro de 1800 - 9 de agosto de 1802, nomeado cardeal) Francesco Maria Fenzi (23 de setembro de 1816 - 9 de xaneiro de 1829, finado) Paulus Augustus Foscolo (15 de marzo de 1830 - 4 de outubro de 1847, nomeado patriarca titular de Alexandría)

Patriarcas latinos de Xerusalén 250px|dereita|miniatura|O vicario patriarcal para Israel, o bispo franciscano Pier Giorgio Chiappero, e o Presidente de Israel Yitzhak Ben-Zvi, en 1959. Giuseppe Valerga (17 de maio de 1847 - 2 de decembro de 1872, finado) Vincenzo Bracco (21 de marzo de 1873 - 19 de xuño de 1889, finado) Ludovico Piavi (28 de agosto de 1889 - 24 de xaneiro de 1905, finado) Filippo Camassei (6 de decembro de 1906 - 15 de decembro de 1919, retirado) Luigi Barlassina (8 de marzo de 1920 - 27 de setembro de 1947, finado) Alberto Gori (21 de novembro de 1949 - 25 de novembro de 1970, finado) Giacomo Giuseppe Beltritti (25 de novembro de 1970 - 11 de decembro de 1987, retirado) Mixail Saba (11 de decembro de 1987 - 19 de marzo de 2008, retirado) Fuad Tual (19 de marzo de 2008 - 24 de xuño de 2016, retirado) Pierbattista Pizzaballa, administrador apostólico (24 de xuño de 2016 - 23 de outubro de 2020) Pierbattista Pizzaballa (dende o 24 de outubro de 2020)

Notas

Xerusalén Xerusalén Xerusalén Xerusalén Xerusalén