A protoporfirina IX é un composto tetrapirrólico con catro cadeas laterais (catro de metilo, dúas de vinilo e dúas de ácido propiónico), que pode coordinar un ión metálico na súa parte central. É un precursor da síntese do grupo hemo. Prodúcese a partir do protoporfirinóxeno IX pola acción da protoporfirinóxeno oxidase e convértese en hemo B por acción da ferroquelatase.

Biosíntese da protoporfirina IX A protoporfirina IX é un importante precursor de grupos prostéticos bioloxicamente esenciais como o hemo, citocromo c, e clorofilas. Como resultado, moitos organismos poden sintetizar este tetrapirrol a partrir de precursores básicos como glicina e succinil-CoA, ou glutamato. Malia a gran cantidade de organismos que sintetizan a protoporfirina IX o proceso está moi conservado desde as bacterias aos mamíferos cunhas poucas excepcións entre as plantas superiores.

550px|Vía biosintética da protoporfirina IX.

Biosíntese do hemo B Na biosíntese do hemo o encima ferroquelatase converte a protoporfirina IX en hemo B (tamén chamado Fe-protoporfirina IX ou protohemo IX).

esquerda|400px|Síntese do hemo. Algnhas das reaccións son citoplasmáticas e outras mitocondriais.

Biosíntese da clorofila Na biosíntese da clorofila, o encima magnesio quelatase converte a protoporfirina IX en Mg-protoporfirina IX.Ali E. Alawady, Bernhard Grimm. Tobacco Mg protoporphyrin IX methyltransferase is involved in inverse activation of Mg porphyrin and protoheme synthesis. The Plant Journal. Volume 41, Issue 2, pages 282–290, January 2005.

Pintas das cascas de ovos A protoporfirina IX deposítase nas cascas de ovo dalgunhas aves dando lugar a unha coloración avermellada ou parda a pintas ou de fondo.Gosler, Andrew G.; Connor, Oliver R.; Bonser, Richard H.C. Protoporphyrin and eggshell strength: preliminary findings from a passerine bird. Avian Biology Research, Volume 4, Number 4, December 2011 , pp. 214-223(10).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ácido delta-aminolevulínico Metil aminolevulinato Protoporfirina Porfirina Protoporfirina de cinc

Categoría:Tetrapirrois