Troy Ruttman, nado o 11 de marzo de 1930 en Mooreland (Oklahoma) e finado o 19 de maio de 1997 de cancro de pulmón en Lake Havasu City (Arizona), foi un piloto americano de carreiras. Era o irmán máis vello do piloto da NASCAR Joe Ruttmann.

Traxectoria Ruttman gañou as 500 Millas de Indianápolis de 1952, á idade de 22 anos e 80 días.

De a , as 500 Millas de Indianápolis tamén contaban para o Campionato do Mundo de Pilotos (agora sinónimo de Fórmula 1), aínda que a maioría dos corredores non competían nas outras carreiras do Campionato. Ruttmann foi o primeiro gañador de Indianápolis 500 en participar nunha carreira da Fórmula Un máis aló da Indyhttp://query.nytimes.com/gst/fullpage.html?res=9C02E2DA173BF932A15756C0A961958260 Troy Ruttman, 67, Youngest Winner of Indy 500 - New York Times e a súa vitoria de 1952 na Indy 500 valeulle a distinción de ser o piloto máis novo en gañar unha proba do Campionato do Mundo, un honor que ocupou ata que Fernando Alonso gañou o Gran Premio de Hungría de 2003.

Ruttmann participou co coche da familia nunha carreira de roadster en San Bernardino (California) en 1945 aos 15 anos, e gañou a carreira.Biography at the National Midget Auto Racing Hall of Fame gañou 19 das 21 carreiras desa tempada. En 1947 foi o campión da Asociación Roadster California (CRA). Tamén gañou as cinco primeiras carreiras da tempada midget. En 1948 repetiu como campión roadster da CRA, e gañou 23 carreiras de autos midget.

Andaina na Sprint Car En maio de 1949 Troy deixou California para participar no campionato da AAA de Sprint Cars nos circuítos do Medio Oeste. Gañou tres campionatos da AAA de Sprint Car durante as seguintes tres tempadas e media, competiu en 51 carreiras de midget, gañando 16 e colocándose no top tres 28 veces.

Resultou ferido nun accidente de sprint car en agosto de 1952, o que retirou a Ruttmann por tempada e media. Ruttmann regresou en 1954 cun calendario moi reducido.

Andaina no Campionato de Monoprazas dos Estados Unidos Pilotou no AAA e nas series do Campionato de Monoprazas USAC, participou nas carreiras das tempadas 1949-1952, 1954, 1956-1957 e 1960-1964 con 58 saídas, incluíndo as carreiras das 500 Millas de Indianápolis en 1949-1952, 1954, 1956-1957, e 1960-1964. Finalizou no top dez 26 veces, con 5 vitorias e foi finalista con Chuck Stevenson no Campionato Nacional de 1952.

Andaina nos Stock car Ruttman gañou en 1956 o título da USAC Short Track Stock Car. Ruttmann tamén competiu en 7 carreiras nas series Grand National NASCAR (agora Sprint Cup) desde 1962 ata 1964, terminando no top dez 5 veces. O seu mellor resultado foi terceiro na carreira de 1963 no Circuíto Riverside International detrás de Dan Gurney e A. J. Foyt.NASCAR statistics at racing-reference.info

Andaina no Campionato do Mundo As 500 Millas de Indianápolis formaron parte do Campionato do Mundo da FIA de a , e os pilotos que competiron na Indy durante eses anos lograron puntos no Campionato Mundial. Troy Ruttman participou en nove carreiras do Mundial, sete veces na Indy máis os grandes premios de Francia e Alemaña de 1958. A súa vitoria nas 500 Millas de Indianápolis de 1952 foi a súa única vitoria e o seu único podio. Acumulou un total de 9 puntos e medio no campionato.

Resultados nas 500 Millas de Indianápolis

AnoCocheSaídaCual.Clas.FinalB VoltasLideradoRetirada19496418125.94532121510Fóra de tempo19505524131.9129151300Fóra de tempo1951986132.3142523780Rodamiento1952987135.3641812004419543411137.736314200019565311142.4841731220Trompo1957523142.772731134Temperatura1960286145.36682013411Engrenaxe traseiro19615222144.799232010510Embrague19622630146.76519181400Pistón19631733148.3742412200019641418151.2922418990TrompoTotais147269 Saídas12Poles0Primeira fila1Gañadas1Top 52Top 102Retirada7

Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos Puntos Bowes Racing Inc. Lesovsky Offenhauser 4 en liña GBR MON 50015 SUI BEL FRA ITA NC 0 Christopher J.C. Agajanian Kurtis Kraft 2000 Offenhauser 4 en liña SUI 500Ret BEL FRA GBR ALE ITA ESP NC 0 Christopher J.C. Agajanian Kuzma Offenhauser 4 en liña SUI 5001 BEL FRA GBR ALE NED ITA 7º 8 Eugene A Casaroll Kurtis Kraft 500A Offenhauser 4 en liña ARX 5004† BEL FRA GBR ALE SUI ITA ESP 23º 1´5 John Zink Kurtis Kraft 500C Offenhauser 4 en liña ARX MON 500Ret BEL FRA GBR ALE ITA NC 0 John Zink Watson Offenhauser 4 en liña ARX MON 500Ret FRA GBR ALE PES ITA NC 0 Scuderia Centro Sud Maserati 250F Maserati 6 en liña ARX MON NED 500 BEL FRA10 GBR ALENTS POR ITA MOR NC 0 John Zink Watson Offenhauser 4 en liña ARX MON 500Ret NED BEL FRA GBR POR ITA USA NC 0

† = Vehículo compartido

Notas

Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 dos Estados Unidos de América Categoría:Finados por cancro de pulmón