Un anel ou kroužek é un signo diacrítico que se pode colocar sobre ou baixo algunhas letras. Non se debe confundir co punto superior ou co punto inferior.
Anel superior A letra A cun anel (Å) é considerada unha letra independente en dinamarqués, noruegués e sueco, nos que representa os fonemas /ɔ/, /oː/ ou /ɔː/. En chamorro Å representa o fonema /ɑ/. En emiliano-romañolo Å representa o fonema /ʌ/. O anel emprégase sobre algunhas vogais en valón. En checo, no que recibe o nome de kroužek, consérvase por motivos históricos. Emprégase sobre a vogal "u" en checo (ů) para denotar un u longo [uː], como en stůl [stuːl] («mesa»). Non aparece ao comezo das palabras, onde se prefire empregar o til agudo, que é a forma xenérica do checo para representar as vogais longas ú [uː].
Usos non lingüísticos A letra Å é o símbolo do ángstrom. En Matemáticas indica o interior dun conxunto: se A = [0, 4], entón Å = (0, 4).
Anel inferior O Alfabeto Fonético Internacional emprega o anel inferior para indicar un son xordo. No Alfabeto Internacional de Transliteración Sánscrita indica unha consoante silábica.
Medio anel O Alfabeto Fonético Internacional emprega o diacrítico medio anel (◌̹ / ◌̜) para indicar unha vogal arredondada.
Véxase tamén Ligazóns externas Diacritics — All you need to design a font with correct accents
Categoría:Tipografía Categoría:Diacríticos