Redondeláns Adiante (A.D.I.A.N.T.E.) é unha formación política de carácter municipalista, independente, nacionalista e progresista, que focaliza o seu ámbito de actuación no concello pontevedrés de Redondela. Actualmente atópase integrado no Partido Galeguista. O seu líder é Alejandro Bastos Fernando.
Historia Redondeláns Adiante foi inscrito no rexistro de partidos do Ministerio do Interior de España o 11 de marzo de 2003.Rexistro de partidos do Ministerio de Interior: Redondeláns Adiante. Ese mesmo ano alcanzou dous edís nas eleccións municipais de 2003. No ano 2005 o partido pasou a formar parte do Partido Galeguista."Redondeláns Adiante se integra en el Partido Galeguista" La Voz de Galicia, 16/11/2005. Nas eleccións municipais do ano 2007 volveu repetir resultado, mantendo os mesmos dous escanos. Nos comicios de 2011, porén, non conseguiu ningún escano ao obteren só 631 votos e o 6,82%.
A súa sede está en Chapela.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Redondela
Categoría:Partidos políticos de Redondela Categoría:Partidos nacionalistas galegos