La Revista foi un periódico editado en Pontevedra en 1849.

Historia e características Subtitulado Periódico de Arte y Literatura, apareceu o 10 de agosto de 1849. Publicábase tres veces ao mes. Fundado por Constantino Armesto Cobián, o director era Isidoro Fernández Monge. Como redactores figuraban Constantino Armesto (que asinaba como El lindo D. Diego), Isidoro Fernández Monge (El diablo con antiparras), Pedro Armesto (El cantor de las verdades), Luís de la Riega e A. Ruiz. Contiña artigos de fondo, poesías, epigramas e anuncios. Apareceron doce números.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1849 en Galicia