miniatura|230px|Scrobicularia plana. A dos semélidos (Semelidae) é unha familia de moluscos bivalvos heterodontes da orde dos veneroides caracterizados pola súa cuncha pequena, ovoide, lisa, moi fráxil e case transparente, que viven debaixo da superficie dos sedimentos areosos e fangosos, na zona nerítica.Barrett, J. & C. M. Yonge (1958): Collins Pocket Guide to the Sea Shore. Collins, Londres.
Considéranse como unha importante fonte de alimento para os peixes planos.Rees, H. L. & Dare. P. J. (1993): "Sources of mortality and associated life-cycle traits of selected benthic species: a review". Fisheries Research Data Report Nº 33, Directorate of Fisheries Research, Lowestoft.
Xéneros A familia dos semélidos inclúe os seguintes xéneros:Semelidae Stoliczka, 1870 no ITIS.
Abra Lamarck, 1818 Cumingia G. B. Sowerby I, 1833 Ervilia Turton, 1822 Scrobicularia Schumacher, 1815 Semele Schumacher, 1817 Semelina Dall, 1900 Theora H. Adams et A. Adams, 1856
En Galicia Destes xéneros están rexistradas nas augas das rías galegas as seguintes especies:Rolán e Otero (1996).
Xénero Abra Abra alba, moi abundante en toda Galicia. Abra nitida, pouco abundante, citada nas rías de Muros e Noia, Arousa e Vigo. Abra tenuis, pouco abundante, rexistrada nas rías de Arousa e Vigo. Xénero Scrobicularia Scrobicularia plana, moi abundante e coñecida (é a denominada comunmente como cadela).
Notas
Véxase tamén Bibliografía Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-560-3 Ríos Panisse, Mª del Carmen (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia I. Invertebrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X Emilio Rolán & Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1.
Outros artigos Bivalvos Veneroides
Ligazóns externas Semelidae en ADW
Categoría:Veneroideos