Cincenta é un dos contos de fadas máis populares da humanidade, de cuxa historia hai varias versións eurasiáticas, orais e escritas. Tamén recibe os nomes de Cinsenta ou Cinderella.
A súa orixe ten diferentes versións. A máis coñecida é a do escritor francés Charles Perrault, de 1697, baseada nun conto italiano popular chamado A Gata Borralleira (en italiano, La Gatta Cenerentola; no orixinal napolitano, La gatta cennerentola). A máis antiga é orixinaria da China, arredor do ano 860 a. C.. Existe tamén a dos Irmáns Grimm, semellante á de Charles Perrault, porén, non hai a figura da fada madriña e quen cumpre o desexo de ir ao baile son os pombos e a árbore. Neste caso, Cincenta coñece palabras máxicas, usadas en imperativo, que producen a transformación dos seus degoiros en realidade. Ao final, os pombos furan os ollos das irmás malvadas, que fican cega. Segundo outras versións a figura da fada madriña é en verdade o espírito da finada nai da propia protagonista que trouxo un vestido do ceo para Cincenta usar no baile.
Psicanalistas ven na historia da Cincenta moito máis ca unha simple trama romántica. Por ter orixe atemporal e ter xurdido en varias civilizacións diferentes, a traxectoria da protagonista traduciría unha especie de arquetipo fundamental, traducindo a arela natural da psique humana en ser recoñecida especial e levada a unha existencia superior. A literatura e o cinema, conscientes diso, utilizaron o seu arco dramático para o desenvolvemento de innúmeras outras obras de interese popular. Alén do famoso filme de animación de Walt Disney en 1950 (Cinderella) - A Disney sempre buscou inspiración nos contos de fadas - cómpre salientar o filme Pretty Woman, protagonizado por Julia Roberts, e que foi éxito de portelo nos anos 1990.
A historia thumb|left|Cincenta proba o zapatiño de cristal. Cincenta era filla dun comerciante rico. . Despois que seu pai morreu, súa madrasta tomou conta da casa que era de Cincenta. Cincenta entón, pasou a vivir coa súa malvada madrasta e mais as súas dúas fillas que tiñan envexa da beleza da Cincenta e puxérana de doncela. Ela tiña que facer todas as tarefas domésticas e aínda era albo de vexames e maldades. O seu acubillo era o cuarto no faiado da súa propia casa e os seus únicos amigos: os animais do bosque.
Un fermoso día, é anunciado que o Rei realizará un baile para que o príncipe escolla a súa esposa de entre todas as mozas do reino. Na invitación, distribuída a todos os cidadáns, había o aviso de que todas as mozas deberían asistir ao baile promovido polo Rei.
A madrasta de Cincenta sabía que ela era a máis bonita da rexión, polo que intentou impedir que esta fose argumentando que non tiña un vestido apropiado para a ocasión. Cincenta, entón, coseu un vestido coa axuda dos seus amigos da foresta. Paxariños, ratiños e esquíos axudárona a facer un vestido de retallos, mais moi bonito. Porén, a madrasta non quería que Cincenta comparecese no baile de forma algunha, pois a súa beleza impediría que o príncipe se interesase polas súas dúas fillas. Polo que, a última hora, esnaquizaron o vestido de Cincenta, escusándose que non tiñan autorizado a Cincenta a usar os retallos que estaban no lixo. Deste xeito impediron que a rapariga tivese tempo para coser outro vestido.
thumb|A fada madriña aparece ante Cincenta (ilustración de 1927) Moi triste, Cincenta foi para o seu cuarto no faiado e ficou par da xanela, ollando para o castelo do outeiro. Chorou, chorou e rezou moito. Das súas pregarias e bágoas, xurdiu a súa fada madriña que confortou a moza e fixo uso da súa máxica para crear un lindo vestido para Cincenta. Tamén xurdiu unha linda carruaxe e os amiguiños da foresta foron transformados en humanos, cocheiro e axudantes de Cincenta. Antes de súa afillada saír, a fada madriña deulle un aviso: a moza debería chegar antes da media noite, ou toda a máxica desaparecería aos ollos de todos.
Cincenta chegou á festa coma unha princesa. Estaba tan bonita, que non foi recoñecida por ninguén, agás pola madrasta, que pasou a noite enteira a lle dicir as fillas que a tal moza lle era familiar, mais non conseguía saber de onde. O príncipe, asemade a viu, convidouna a bailar. Cincenta e o príncipe danzaron e danzaron a noite enteira. Conversaron e riron como dúas almas xemelgas e logo se decataron que estaban feitos o un para o outro.
Acontece que a fada madriña avisara que a maxia só duraría até a media noite e un minuto; polo que, cando o reloxo deu as doce badaladas e un minuto, Cincenta tivo que saír correndo. Foi cando deixou un dos seus zapatiños de cristal na escalinata. O príncipe, moi preocupado por non saber o nome da moza ou como reencontrala, apañou o zapatiño e saíu na súa procura polo reino e noutras cidades. Moitas mozas fixéronse pasar pola dona do zapatiño, mais o pé de ningunha delas encaixaba no obxecto.
Cando o príncipe petou na porta da casa de Cincenta, a madrasta trancou a moza no soto e só deixou que as súas dúas fillas probasen o calzado. A pesar das laidas fillas se esforzaren, o zapatiño de cristal non entrou. Foi cando un axudante do príncipe viu que había unha rapaza na xanela do faiado da casa.
Baixo as ordes do príncipe, a madrasta tivo de deixar a Cicenta baixar do sobrado. A moza entón probou o zapatiño, mais antes de o probar o príncipe xa tiña dentro do seu corazón a certeza de que reencontrara o amor da súa vida. Cincenta e o príncipe casaron nunha linda cerimonia, e anos despois se tornarían Rei e Raíña, famosos polo bo corazón e polo enorme senso de xustiza. Cincenta e o príncipe foron felices para sempre xamais.
Nome e etimoloxía O nome galego do conto (Cincenta ou Cinsenta) provén de Cinderella, que á súa vez vén da palabra cinder (borralla ou cinsa en inglés) máis o sufixo diminutivo feminino ella (correspondente ao -ela ou -iña galego: fonte, fontela, fontiña). O nome logo foi inventado polas súas irmás, polo feito de Cincenta estar sempre chea de sucidade, feluxe e borralla no rostro, xa que limpaba a casa e nas horas libres gustaba de ficar fronte á lareira. O nome do conto é moitas veces traducido a A Gata Borralleira, ou mesmo O Zapatiño de Vidro xa que só por causa deste obxecto o príncipe soubo identificar a Cincenta.
Adaptacións A historia da "Cincenta" foi orixe de moitas obras notábeis: Ópera Cendrillon (1749) de Jean-Louis Laruette Cendrillon (1810) de Nicolas Isouard Agatina o La virtù premiata (1814) de Stefano Pavesi La Cenerentola (1817) de Gioachino Rossini Aschenbrödel (1878) de Ferdinand Langer Cendrillon (1894-5) de Jules Massenet Cinderella (1901-2) de Gustav Holst La Cenerentola (1902) de Ermanno Wolf-Ferrari Cendrillon (1904) de Pauline García-Viardot Aschenbrödel (1905) de Leo Blech La Cenicienta (1966) de Jorge Peña Hen Cinderella, unha ópera de mímica (1979) de Peter Maxwell Davies Cendrillon, opera para nenos (1994) de Vladimir Kojoukharov
Ballet Cinderella (1893) de Baron Boris Vietinghoff-Scheel Aschenbrödel (1901) de Johann Strauss II, adaptada e completada por Josef Bayer Das Märchen vom Aschenbrödel (1941) de Frank Martin Soluschka (1945) de Sergei Prokofiev Cinderella (1980) de Paul Reade Cinderella (2010) de David Bintley Cinderella - A Tragic Tale (2011) de Terence Kohler para o Finnish National Ballet. Cinderella (2012) - Adaptación do Covenant Ballet Theatre of Brooklyn
Show no Xeo Cinderella (2008) de Tim A. Duncan e Edward Barnwell
Poesía Assepoester (1981) de Jan Kal
Teatro Pantomima Cinderella estreouse coma pantomima no palco Drury Lane Theatre, en Londres en 1904 e no Adelphi Theatre en Londres en 1905. Phyllis Dare, con 14 ou 15 anos, protagonizou o último. Na versión orixinal da pantomima a escena de abertura é nun bosque cunha cazaría e é aí onde Cincenta atopa o príncipe por vez primeira e a súa man dereita Dandini, cuxo nome e personaxe vén da ópera La Cenerentola. Cincenta confunde Dandini co Príncipe e o príncipe con Dandini. Unha versión estreouse nos EUA no El Portal Theatre en 2010
Teatro musical Cincenta: O Musical de Landon Parks e Ioannis Kourtis é un espectáculo musical en inglés escrito en 2009, e baseado na opera Cendrillon de Jules Massenet. Cinderella de Rodgers e Hammerstein foi producida para a televisión tres veces: Cinderella (1957) coa participación de Julie Andrews coma Cincenta, Jon Cypher, Kaye Ballard, Alice Ghostley e Edie Adams (retransmitido en cor, mais soamente temos hoxe en día copias en branco e negro). Cinderella (1965) coa participación de Lesley Ann Warren coma Cincenta, Stuart Damon como o Príncipe, Ginger Rogers coma a Raíña, Walter Pidgeon coma o Rei, Celeste Holm coma a Fada Madriña e Jo Van Fleet coma a Madrasta. Cinderella (1997) coa participação de Brandy Norwood coma Cincenta, Paolo Montalbán, Whitney Houston, Whoopi Goldberg, Victor Garber, Bernadette Peters, e Jason Alexander. A versión de Rodgers e Hammerstein tamén foi algunha vez representada en vivo. Unha versión moi exitosa tivo lugar en 1958 no Coliseu de Londres cun elenco que inclúe a Tommy Steele, Yana, Jimmy Edwards, Kenneth Williams e Betty Marsden. Bobby Howell foi o director musical. A versión de 2005 que caracterizou Paolo Montalbán tivo un elenco etnicamente diverso, como a versión de TV de 1997. Mr. Cinders, un musical que se estreou no Adelphi Theatre, en Londres en 1929. Filmado en 1934. Into the Woods de Stephen Sondheim (1988), onde Cindcenta é unha de varias personaxes de contos de fadas que participan do enredo. Está parcialmente baseada na versión dos Irmáns Grimm de "Cinderela" incluíndo os paxaros encantados, túmulo da nai, e mutilación e cegando as irmás. The Return of The Glass Slipper de Mary Donelly. Cinderella de Kate Hawley, escrita nun estilo británico. Cindy, un musical de 1964 de Johnny Brandon. Золушka (ou Zolushka), un musical pop Russo feito para TV en 2002. Cinderella (2007), unha pantomima escrito por Stephen Fry. Cinderella the Musical (2008), coa participación do grupo Morning Musume e Takarazuka Revue Cinderella Sillyious Musical (2008/09), un musical de comedia producido por Ross Petty. If the shoe fits (2011) Cinderella the Musical
Filmes e televisión Ao longo das décadas, centenares de filmes foron feitos ou adaptados directamente da Cincenta. Case todos os anos, polo menos, hai un novo, sendo a Cincenta unha das obras literarias cun maior número de adaptacións ao cinema. Cinderella (1899), a primeira versión de filme, producida en francés por Georges Méliès. Cinderella (1911), un filme mudo protagonizado por Florence La Badie. Cinderella (1914), un filme mudo protagonizado por Mary Pickford. Aschenputtel (1922) pequena animación de Lotte Reiniger. Cinderella, filme de animación producido pola Disney. A Kick for Cinderella (1925), unha animación da Bud Fisher animation coa participación de Mutt e Jeff. Cinderella (1925), unha animación de Walter Lantz. Poor Cinderella (1934), unha curtametraxe animada de Fleischer Studios protagonizada por Betty Boop. Cinderella Meets Fella, (1938), unha curtametraxe de animación de Merrie Melodies coa participación de Egghead, o personaxe que eventualmente viraría Elmer Fudd, como Príncipe Encantado. First Love (1939), musical moderno con Deanna Durbin e Robert Stack. Cinderella (Зо́лушка) (1947), un filme musical da Unión Soviética pola Lenfilm studios, protagonizado por Erast Garin e Faina Ranevskaya. Cinderella, (1950) o famoso filme de animación da The Walt Disney Company estreado o 15 de febreiro de 1950, considerado un dos clásicos da Disney. É talvez a máis famosa e influente adaptación cinematográfica do conto da Cincenta. Non está dobrada ao galego. Aschenputtel (1955), do cinema alemán, dobrada ao inglés e lanzada nos EUA en 1966 como Cinderella. The Glass Slipper (1955), filme con Leslie Caron e Michael Wilding. Cinderfella (1960), notábel pois o personaxe principal é un home, interpretado porJerry Lewis.