Lee Marvin, nado en Nova York o 19 de febreiro de 1924 e finado en Tucson (Arizona) o 29 de agosto de 1987, foi un actor estadounidense.

Traxectoria Nado en Nova York, abandonou a escola para ingresar nos marines en 1942, sendo ferido na segunda guerra mundial na batalla de Saipan. Marvin recibiu o Corazón Púrpura en 1945.

Trala guerra, mentres traballaba de axudante de fontaneiro nun teatro, pedíronlle que substituíse a un actor enfermo, comezando a súa carreira. En 1945 mudouse a Hollywood.

Comezou con pequenos papeis para logo ir logrando personaxes máis importantes, como en The Man Who Shot Liberty Valance. Gañou o Oscar ao mellor actor en 1965 por A inxenua explosiva.

Seguiu traballando no cinema e na televisión ata mediados dos anos oitenta.

Finou en 1987, e está enterrado no Arlington National Cemetery.

Filmografía Ano Filme 1952 Hangman’s Knot1952 Eight Iron Men 1953 The Big Heat 1953 Gun Fury 1953 The Wild One 1954 The Caine Mutiny 1954 The Raid 1955 Canción triste de Pete Kelly 1955 Bad Day at Black Rock 1955 Violent Saturday 1956 Attack 1956 Seven Men from Now 1957 Raintree County 1958 The Missouri Traveler 1961 The Comancheros 1962 The Man Who Shot Liberty Valance 1963 Donovan’s Reef 1964 Os asasinos 1965 A inxenua explosiva 1965 Ship of Fools 1966 Os profesionais 1967 The Dirty Dozen 1967 A queimarroupa 1968 Hell in the Pacific 1969 Paint Your Wagon 1970 Monte Walsh 1972 Prime Cut 1972 Pocket Money 1973 Emperor of the North Pole 1973 The Iceman Cometh 1974 The Spikes Gang 1974 The Klansman 1976 The Great Scout & Cathouse Thursday 1976 Shout at the Devil 1979 Avalanche Express 1980 The Big Red One 1981 Death Hunt 1983 Gorky Park 1984 Dog Day 1985 The Dirty Dozen: The Next Mission 1986 The Delta Force

Véxase tamén

Ligazóns externas

Lee Marvin en Internet Boadway DataBase (en inglés) Lee Marvin en Allmovie (en inglés)

Categoría:Actores de Nova York Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 1987 Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Óscar ó mellor actor