Diane Hall, chamada artisticamente Diane Keaton, nada nos Ánxeles (California) o 5 de xaneiro de 1946 e finada no mesmo lugar o 11 de outubro de 2025, foi unha actriz estadounidense.
Traxectoria Comezou a estudar interpretación tras graduarse en Nova York tras rematar o instituto. Pasou tempo actuando e cantando en clubs nocturnos ata que en 1968 participou na primeira produción do musical Hair en Broadway. Tras nove meses nesta obra logrou o papel en Play It Again, Sam, de Woody Allen.
Ao pouco tempo debutou no cinema con Lovers and Other Strangers e tamén participou en series de televisión. En 1972 interpretou a Kay Adams en The Godfather, papel que repetiría nos outros filmes da saga. Durante a década de 1970 continuou a súa colaboración con Woody Allen, grazas ao que logrou en 1977 o Óscar á mellor actriz por Annie Hall. A súa carreira no cinema continuou con éxito nos anos oitenta e nos noventa.
Ademais de actriz, Keaton foi tamén produtora, fotógrafa e axente inmobiliaria. Dirixiu tamén a película Unstrung Heroes en 1995.
Filmografía Ano Filme 1970 Lovers and Other Strangers1972 The Godfather 1972 Play It Again, Sam 1973 O durmiñón 1974 O padriño (II parte) 1975 A derradeira noite de Boris Grushenko 1976 I Will... I Will... For Now 1976 Harry and Walter Go to New York 1977 Annie Hall 1977 Looking for Mr. Goodbar 1978 Interiors 1979 Manhattan 1981 The Wizard of Malta 1981 Reds 1982 Shoot the Moon 1984 The Little Drummer Girl 1984 Mrs. Soffel 1986 Crimes of the Heart 1987 Radio Days 1987 Baby Boom 1988 The Good Mother 1989 The Lemon Sisters 1990 The Godfather Part III 1991 O pai da noiva 1993 Manhattan Murder Mystery 1995 O pai da noiva II 1996 The First Wives Club 1996 O cuarto de Marvin 1997 The Only Thrill 1999 The Other Sister 2000 Hanging Up 2001 Town & Country 2001 Plan B 2003 Cando menos o esperas 2005 Terminal Impact 2005 The Family Stone 2007 Somther 2007 Because I Said So 2007 Mama’s Boy 2008 Tres mulleres e un plan 2010 Morning Glory 2012 Darling Companion 2013 The Big Wedding
Notas
Véxase tamén
Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Óscar á mellor actriz Categoría:Finados en 2025