miniatura|En 1933, os nazis queimaron moitos libros de autores xudeus e outros considerados anti alemáns na biblioteca do Institut für Sexualwissenschaft de Berlín.

A queima de libros é un acto político de destrución realizado polo estado de legalidade. Adoita ser promovido por autoridades políticas e relixiosas durante períodos de fanatismo ideolóxico co fin de prevalecer no eido da propaganda e da educación pública.

Na época contemporánea esta práctica estendeuse ao material de gravación de información (casetes, cd,s, vinilos, disquetes e páxinas de Internet). O exemplo máis famoso é o da queima de libros por parte dos nazis en Bebelplatz (Berlín) en 1933 coa escusa de que eran libros de autores antialemáns. A partir de entón tódalas queimas de libros foron comparadas co acontecido ese día, por iso a súa execución pública diminuíu.

En Galicia as queimas de libros propuxéronse durante o dominio da Inquisición (que vixiaba o comercio nos portos contra os libros ingleses e franceses) e durante a Guerra Civil Española por parte do bando conservador e fascista, queimando libros en tódalas provincias galegas (documentadas no libro O fulgor e as tebras, as bibliotecas na Galiza da II República e a súa destrución durante a Guerra Civil de Francisco Xabier Redondo Abal).

A queima de libros na historia A queima de libros ten unha longa historia debido aos períodos de fanatismo ao longo da historia da humanidade. Estes son algúns dos feitos documentados: No antigo Exipto está documentada a destrución de varias bibliotecas no papiro de Ipuur (ca 2175 a 2040 a. C.), incluso entre os sacerdotes dos deuses Amón e Atón destruíronse uns a outros os papiros. No ano 622 a. de C. a biblioteca de Assurbanipal foi destruída polos Babilonios e Medos. No século V a. de C. a biblioteca do pazo de Persépole foi destruída e os libros de chumbo destruídos. No ano 212 A. de C. na China de Qin Shi Huang, durante a súa política de unificación chinesa. No 292 D. de C. o emperador Diocleciano manda queimar certos libros de alquimia da biblioteca de Alexandría durante os conflitos da tetrarquía. A seguinte queima de libros tamén aconteceu en Exipto, no ano 367 San Atanasio de Alexandría mandou queimar os libros cristiáns que el considerou heréticos, salvándose só o coñecido como Evanxeo de Xudas No século IV o bispo de Alexandría empuxa ós cristiáns a queimar os libros dos templos pagáns e da biblioteca de Alexandría. No ano 590 o papa Gregorio I ordena queimar os libros de autores pagáns da biblioteca papal de Letrán. Trala conversión do rei visigodo Recaredo ó catolicismo mandou queimar tódolos libros cristiáns do arianismo. A destrución da biblioteca de Constantinopla no século VIII. Destrución de varios coráns da biblioteca de trípoli durante no ano 1099 polos cruzados. Durante a elección do rito romano ou do rito mozárabe para a igrexa castelá fíxose unha ordalía no lume e vendo o rei que os libros romanos ardían antes que os mozárabes separou o romano do lume e deixou arder o mozárabe. A principios do século XIII o papa enviou a varios misioneiros a combater o Catarismo, entre os misioneiros enviados atopábase Santo Domingo, do cal a lenda católica conta que organizou unha ordalía ou xuízo de Deus, que consistiu en poñer nunha fogueira os libros cátaros e católicos e só se queimaron os libros cátaros porque os libros choutaron das chamas por milagre. A principios do século XV o monxe franciscano San Bernadino de Siena adoitaba acompañar os seus sermóns ao aire libre con queimas públicas de obxecto "inmorais". Queima de libros árabes polo cardeal Cisneros no ano 1499. Durante a ditadura do monxe Girolamo Savonarola na cidade de Florencia en 1497 mandou queimar centos de obras de arte, entre cadros, estatuas, libros,etc A queima de estatuas e códices maias no ano 1562 polo franciscano Diego de Landa en Maní (México). Durante o predominio da Inquisición (séculos XV-XIX en España) queimáronse miles de libros por motivos relixiosos (libros protestantes, calvinistas...) e políticos (libros da Ilustración francesa). A comezos so século XVI os andalusís da Península Ibérica tiñan a obriga de entregar ás autoridades casteláns os libros escritos en árabe e só lles devolvían os que eran de menciña, filosofía e historia o resto era queimados, presuntamente para deixalos sen documentos legais sobre o dominio de terras e dereitos consuetudinarios. A queima xeneralizada de autores de países inimigos en varios países belixerantes durante a primeira guerra mundial. A queima de libros de autores considerados "antialemáns" durante a ditadura do partido nazi en Alemaña. Durante a guerra civil española producíronse varias queimas de libros por parte de Falanxe Española o 19 de agosto de 1936 na Coruña (con libros requisados de bibliotecas privadas como a de Casares Quiroga, a do Seminario de Estudos Galegos e a de centros culturais republicanos e obreiristas); o 30 de abril de 1939 na Universidade Central de Madrid. Trala segunda guerra mundial os aliados fixeron un "proceso de desnazificación" no cal se destruíron varias obras de propaganda nazi. Nos Estados Unidos de América a finais dos corenta e principios dos cincuenta do século XX organizáronse varias queimas de banda deseñada por parte de asociacións relixiosas. Durante a Revolución Cultural chinesa do ditador Mao Zedong. En Chile, cando o golpe de estado de Pinochet en 1973, os militares requisaron e queimaron miles de libros "políticos". En 1986 queimarían miles de copias do libro "La aventura de Miguel Littín clandestino en Chile". Durante a ditadura de Jorge Rafael Videla na Arxentina en 1976, un xefe do exército ordenou a queima pública de varios libros, con autores tan variados coma Proust, Julio Cortázar, Vargas Llosa... En 1992 durante a Guerra de Bosnia a biblioteca de Saraxevo foi destruída por serbiobosnios. O 23 de decembro de 2001 o cura protestante Jack Brock promoveu a queima de libros de Harry Potter. Durante a Guerra de Iraq en 2003 a biblioteca nacional.

Na ficción No campo da ficción estes actos foron usados en moitas obras literarias: Na obra de teatro Tamburlaine (Tamerlán o Grande, en galego) de Christopher Marlowe, onde fai queimar copias do Corán tras conquistar Asia Menor xunto a Oriente Medio e declararse independente de calquera Deus fai que o protagonista remate as súas aventuras en traxedia. Don Quixote da Mancha: nun episodio os amigos do protagonista queiman os seus libros coa esperanza de que sande ó non poder volver ler libros de cabalarías. Na novela de ciencia ficción distópica dos anos 50, Fahrenheit 451 de Ray Bradbury, onde os bombeiros do futuro queiman libros. Ao final da novela Die Blendung do escritor Nobel Elias Canetti, o protagonista inmólase nunha fogueira xunto aos seus libros. Na novela Toshokan Senso, a queima de libros é algo de todos os días co fin de ter dominada á sociedade por parte de dúas organizacións militares. No relato curto Earth's Holocaust de Nathaniel Hawthorne a sociedade destrúe todo o que considera ofensivo, incluso na Biblia. En O nome da rosa de Umberto Eco a gran biblioteca do mosteiro é queimada para que os manuscritos "inmorais" non contaminen almas cristiás. Na novela Os libros arden mal de Manuel Rivas o autor arranca a narración cando os falanxistas queiman libros na Coruña a principios da guerra civil.

No cine a queima de libros adoita aparecer en filmes que tratan sobre o nazismo e a segunda guerra mundial (La caduta degli dei de Luchino Visconti e Indiana Jones e a última cruzada de Steven Spielberg).

Categoría:Obras literarias