O Gran Premio de Austria de 1975 foi unha carreira do Campionato do Mundo Fórmula 1 celebrada no Circuíto de Österreichring o 17 de agosto de 1975. Foi a 12ª carreira da tempada de Fórmula Un de , e o oitavo Gran Premio de Austria o sexto, que se celebrou en Österreichring. Levouse a cabo sobre 29 das 54 voltas programadas para cubrir unha distancia de carreira de 171 quilómetros. A carreira foi acurtada pola choiva, o que significou que se outorgaron só a metade de puntos.
Baixo a forte choiva, a carreira foi gañada polo piloto italiano Vittorio Brambilla pilotando un March 751. Foi a única vitoria de Fórmula Un de Brambilla nos seus sete anos de andaina na Fórmula 1. Logrou a vitoria por 27 segundos sobre o británico James Hunt no seu Hesketh 308. Oito segundos máis atrás quedou o Shadow DN5 do piloto británico Tom Pryce no primeiro dos seus dous podios da súa curta carreira.
Con Carlos Reutemann e Emerson Fittipaldi fora dos puntos, a sexta posición de Niki Lauda permitiulle ampliar a súa vantaxe a 17´5 puntos. Si Lauda anotaba un punto no Gran Premio de Italia, o piloto austríaco lograría o campionato.
Resumo da carreira Niki Lauda deleitou ao seu público ó lograr a súa sétima pole position do ano. Rolf Stommelen regresou logo do seu accidente en España, Chris Amon regresaba a Ensign e Brett Lunger cualificou ben no seu debut co Hesketh.
A práctica viuse empañada por unha serie de accidentes, Brian Henton estrelou o seu Lotus cando pisou unha mancha de aceite e Wilson Fittipaldi rompeu dous ósos da man. Durante a última sesión de adestramentos, Mark Donohue estrelouse en Vost-Hugel, a curva á dereita logo dos pits. O coche saltou por encima do garda rail e bateu contra nunha valla publicitaria. Morreron dous comisarios no accidente, e Donohue morreu por mor dunha hemorraxia cerebral tres días despois.
Cando formábase a grella de saída, informouse de choiva no lado oposto da pista. Nubes de tormenta formábanse rapidamente e os coches regresaron aos boxes para cambiar a pneumáticos de choiva.
Logo de 45 minutos, a grella estaba lista de novo. Lauda liderou por diante de James Hunt e Patrick Depailler que saíran desde a cuarta fila. Mario Andretti trompeou, e Bob Evans retirouse co BRM.
Vittorio Brambilla avanzou a través da cortina de auga para obter unha magnífica terceira posición, con Ronnie Peterson pasando do décimo ao cuarto lugar.
Na volta 12, era obvio que o coche de Lauda non se adaptara plenamente para facer fronte a condicións de mollado e na volta 15 Hunt adiantouno por quinta vez na tempada. Foi por pouco tempo. O motor do Hesketh funcionaba só con sete cilindros e Brambilla estaba acosándoo. Diante deles Lunger conducía con coidado na súa primeira carreira en mollado e non podía ver como se aproximaban os líderes por detrás. Brambilla adiantouno, pero pasaron outras dúas voltas antes de que Hunt puidera pasar finalmente ao seu compañeiro de equipo. Jochen Mass trompeou e perdeu o terceiro posto, pronto houbo unha actividade frenética entre a Asociación de Pilotos de Grandes Premios e os comisarios de carreira en canto a si a carreira debía seguir, detívose na volta 29.
Cando Brambilla pasou á bandeira, estrelouse contra as barreiras e o equipo March celebrou unha vitoria histórica. Pero, detrás destas escenas, había confusión. Algúns equipos preparábanse para o reinicio, pero como a carreira fora detida coa bandeira a cadros, isto non podía suceder. Os resultados da carreira eran válidos, pero con só a metade de puntos outorgados. Brambilla de 37 anos, o piloto máis vello na pista, gañou o seu primeiro Gran Premio.
Esta foi a primeira das dúas únicas carreiras nas que Shadow utilizou un motor Matra en lugar do Cosworth DFV no Shadow DN7 de Jean-Pierre Jarier.
Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 9 Vittorio Brambilla March-Ford 29 0:57:56.69 8 4´5 2 24 James Hunt Hesketh-Ford 29 + 27.03 2 3 3 16 Tom Pryce Shadow-Ford 29 + 34.85 15 2 4 2 Jochen Mass McLaren-Ford 29 + 1:12.66 9 1´5 5 5 Ronnie Peterson Lotus-Ford 29 + 1:23.33 13 1 6 12 Niki Lauda Ferrari 29 + 1:30.28 1 0´5 7 11 Clay Regazzoni Ferrari 29 + 1:39.07 5 8 3 Jody Scheckter Tyrrell-Ford 28 + 1 volta 10 9 1 Emerson Fittipaldi McLaren-Ford 28 + 1 volta 3 10 18 John Watson Surtees-Ford 28 + 1 volta 18 11 4 Patrick Depailler Tyrrell-Ford 28 + 1 volta 7 12 31 Chris Amon Ensign-Ford 28 + 1 volta 23 13 25 Brett Lunger Hesketh-Ford 28 + 1 volta 17 14 7 Carlos Reutemann Brabham-Ford 28 + 1 volta 11 15 23 Tony Brise Hill-Ford 28 + 1 volta 16 16 22 Rolf Stommelen Hill-Ford 27 + 2 voltas 25 17 29 Lella Lombardi March-Ford 26 + 3 voltas 21 NC 33 Roelof Wunderink Ensign-Ford 25 Non clasificado 27 Ret 32 Harald Ertl Hesketh-Ford 23 Eléctrico 26 Ret 21 Jacques Laffite Williams-Ford 21 Dirección 12 Ret 8 Carlos Pace Brabham-Ford 17 Motor 6 Ret 20 Jo Vonlanthen Williams-Ford 14 Motor 28 Ret 10 Hans Joachim Stuck March-Ford 10 Accidente 4 Ret 17 Jean-Pierre Jarier Shadow-Matra 10 Inxección 14 Ret 14 Bob Evans BRM 2 Motor 24 Ret 27 Mario Andretti Parnelli-Ford 1 Accidente 19 NTS 28 Mark Donohue March-Ford 0 Accidente mortal 20 NTS 6 Brian Henton Lotus-Ford 0 Accidente 22 NSC 35 Tony Trimmer Maki-Ford NSC 30 Wilson Fittipaldi Fittipaldi-Ford
Posicións logo da carreira
Clasificación do campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Niki Lauda 51.5 2 Carlos Reutemann 34 3 Emerson Fittipaldi 33 4 James Hunt 28 5 Carlos Pace 24
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Ferrari 54.5 2 Brabham-Ford 51 (53) 3 McLaren-Ford 41 4 Hesketh-Ford 28 5 Tyrrell-Ford 24
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 6 mellores resultados das primeiras 7 roldas e os 6 mellores resultados das últimas 7 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.
Notas
Ligazóns externas A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de
Austria Categoría:Gran Premio de Austria de Fórmula 1